EMRE ÇOLAK PRIMEIRA FICHAXE DE REFORZO PARA O DEPOR.

 

O presidente interio, Juan Antonio Armenteros desvelou na rolda de prensa de presntación de Fernando Vázquez que Emre Çolak xa está fichado e que non estaba no día de hoxe na Coruña por mor dun retraso na saida do avión cara nosa terra por mor das treboadas en Turquía.

Non dixo as particularidades da fichaxe, pero dixo que xa estaba feito e que mañán martes xa estaría na Coruña. 

Tamén dixo o presidente que o acordo con ABANCA para asegurar o apartado económico estaba moi próximo a pecharse o que fará que suba o tope salarial para poder fichar.

A nosa benvida a Emre Çolak un xogador de calidade sobradamente coñecida pola parroquia deportivista.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies