Emre Çolak co seu peculiar sorriso no adestramento desta mañán.
Emre Çolak cando chegaba a Coruña no día de onte lanzaba unha mensaxe de que viña : “A axudar o Depor…Forza Depor!!!”, para no día de hoxe pasar recoñecemento médico e logo pasar a traballar xa as órdes de Fernando Vázquez, que dispuxo de todo equipo ademáis dos fabrilistas Boian e Mujaid. Gaku Shibasaki e David Simón adestraban aparte no proceso de readaptación das suas lesións.
Çolak, que será presentado este xoves en rolda de prensa, da que vos daremos contada información e vídeo, recibeu os aprausos de afeccionados que tras unha noite de festa de fin de ano pasáronse por Abegondo.
O turko foi o foco dos afeccionados, contentos ca sua volta, así coma dos medios de comunicación galegos e españois.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.