EMPATES DO SOFÁN E O DUMBRÍA CON DIFERENTE SABOR NA 15ª Xda DA PREFERENTE NORTE.

O Sofán rescata un punto ante un rival directo na loita polo ‘play-off’ (1-1)

SD Sofán 1-1 Burela SD

Reparto de puntos no Carral nun partido clave para as aspiracións do SD Sofán, que recibía a un rival directo na pelexa polos postos de promoción. A primeira metade foi moi igualada, aínda que os locais dispuxeron de tres ou catro chegadas claras, mentres que o Burela estivo a piques de adiantarse cun balón ao poste nos primeiros minutos tras un erro no despexe do gardameta Gardu.

O Sofán adiantouse no marcador por medio de Iván Martínez, que culminou unha boa acción ofensiva na primeira metade. Tras o descanso, o Burela deu un paso adiante e logrou o empate desde o punto de penalti, transformado por Diego Chao no minuto 66.

Goles: 1-0, Iván Martínez; 1-1, Diego Chao (66’, penalti).

+++

Órdenes e Dumbría asinan táboas nun encontro moi traballado (0-0)

SDC Órdenes 0-0 CF Dumbría

O CF Dumbría curtou a sua mala dinámica de catro derrotas consecutivas cun empate sen goles no campo de todo un SDC Órdenes, nun partido moi serio do conxunto costeiro, especialmente no plano defensivo. Foi un choque intenso e equilibrado, no que ningunha das dúas escuadras foi quen de romper o marcador pese ás ocasións xeradas.

O Órdenes, que chegaba á cita instalado nos postos altos da clasificación, cedeu dous puntos que lle custan a segunda praza, superado agora polo CD Lalín, e ve como o lider SD Negreira se lle escapa a seis puntos. Pola súa banda, o Dumbría suma un punto valioso que lle permite manter un pequeno colchón sobre os postos de descenso nunha zona baixa moi comprimida.

Goles: 0-0.

Clasificación

O SD Sofán mantense na sexta posición con 26 puntos, ás portas dos postos de promoción, situados a só dous puntos, que marca o Betanzos CF.

O CF Dumbría, con 16 puntos, baixa á 13ª praza, nunha parte baixa moi axustada, aínda que conserva unha vantaxe de 4 puntos sobre o descenso, que marca o SD Dubra.

Próxima xornada (16ª)

O CF Dumbría recibirá no Conco ao Cidade de Ribeira, undécimo clasificado e con só un punto máis que os dumbrienses, nun duelo directo por afastarse da zona perigosa.

Pola súa banda, o SD Sofán afronta unha xornada clave que tamén pode ter incidencia indirecta na loita pola permanencia dos dumbrieses xa que visita ao Puebla FC, situado na 12ª posición cun punto máis cos de Dumbría.

Ambos encontros están previstos, en principio, para o domingo 21 de decembro.

.

-Fotos : Manel Sánchez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”