EMPATE NA CORUÑA PARA OS INFANTÍS DO FISOBER NA DERRADEIRA XORNADA DA LIGA REGULAR.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Rematou a liga regular para os infantís do Fisober.

 

Tan só xogaba este fin de semana o equipo infantil masculino, polo tanto xa rematou o finde para as inferiores do Fisober.

Na Liga Galega Infantil masculina dentro do seu grupo Norte A o Fisober visitaba ao Club del Mar San Amaro dentro da 14 ª xornada e última desta primeira fase, a cita foi na tarde do sábado no P. do Club del Mar San Amaro da cidade herculina co resultado de igualada a dous tantos.

Polo Fisober formaron: Miguel, Eloy, Borja, Xavi, Gael; tamén xogaron: Mario, Rubén e Pablo Taboada.
Os goles costeiros foron obra de Rubén e Mario.
Os colexiados foron Sergio Blanco e Fredy Raimato.

A vindeira fase aínda non ten datas, nin calendario pero en principio ao longo da semana constituiranse os novos grupos para continuar a competición.

 

 

Aproveitando a visita a cidade herculina algún dos xogadores pasaron por Riazor.

-Foto e Texto : Fisober FSF/piratasdemuxia