EMPATE DO ZAS FEMEININO CO PASTORIZA B, (2-2), NO ÚNICO ENCONTRO DO FÚTBOL SENIOR DA COSTA XOGADO O SÁBADO.

Sporting Zas Feminino.

 

Na tarde do sábado, tal e como vos informamos na nosa AXENDA PIRATA  dr todo o fútbol senior da costs, tan só se xogaba un encontro, o do Sporting Zas no San Andres, (Zas), ante o filial do Pastoriza. Aquí tedes os datos do encontro e o comentario do adestrador das zacenses, Ánxo Garrido, así coma os encontros que se xogarán hoxe da 13ª xornada da 3ª División Galega Feminina G2, na que xoga o equipo feminino de Zas.

 

Sporting Zas 2-2 SCD Pastoriza B

Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas Feminino) : “Entramos o campo relaxadas e cando nos demos cuenta xa íbamos 0-2 con dous golpeos lonxanos das visitantes. A partir de ahí despertamos asentamonos no partido e puxemos a intensidad que nos caracteriza, antes do descanso Nerea recortaba distancias tras roubar un balón cerca da frontal e finalizar ela mesma a xogada.
Na segunda parte fixemos algún retoque no planteamiento para evitar o daño que nos  facian algunhas xogadoras rivais coas suas conduccions e golpeos,  xa na hora de xogo Nuria nunha boa contra en xogada personal facia o empate. Os últimos 15minutos foron de locura con ocasións en ambas porterías pero finalmente xa non se movería o marcador.

Sporting Zas : Noelia Touriñán, Lucía, Tania, Sara, Nerea, Nuria, Andrea, María Mansilla, Isabel, Carlota e Lara. Tamén participaron : Emma, Lorena, Elsa e Noelia Alvite.

SCD Pastoriza B : Sara, Ainhoa, Alejandra, Luna, Ainara, Celia, Claudia, Triana, Noa, Andrea Rodríguez e Carla. Tamén participaron : Manuela, Inés, Noa, Gabriela e Andrea Lamas.

Árbitro : Manuel Rodríguez Rojo. Non amosou ningún cartón.

Goles : 0-1, Luna, (13´); 0-2, Triana, (32´); 1-2, Nerea, (38´); 2-2, Nuria, (65´).

Clasificación : Con este punto o Sporting Zas suma 8 puntos e está provisionalmente na 10ª praza con un punto máis co Soneira e 3 máis co Fisterra. Pola sua banda o filial do Pastoriza está xusto por enriba das zacenses na 9ª praza con 2 puntos máis ca elas.

3ª GALEGA FEMININA G2

-13ª Xornada-

(02/02/2025)

UD Corcubión-UD Cerqueda, ás 12:30 horas

Soneira SD-EFCC Juan Cabrejo, ás 12:00 horas

Corme CF-CF Muxía, ás 18:15 horas

Sporting Zas 2-2 SCD Pastoriza B

CF Mazaricos-Ponteceso SD, ás 11:45 horas

SD A Baña-SD Fisterra, ás 17:30 horas

Bergantiños CF B-Cabana SD, ás 16:15 horas

 

-Foto : Noe/Prensa Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Ánxo Garrido

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies