EMPATE DO SOFÁN E VITORIA DO DUMBRÍA NA 6ª XDA DA PREFERENTE NORTE.

Preferente Norte

A 7ª xornada da Preferente Norte deixou unha combinación de emocións e resultados que mantén a competición moi aberta nas primeiras posicións. San Tirso S.D. líder tras vencer 2-0 ao Betanzos CF, consolidando unha racha de cinco triunfos en seis partidos, empatado co SD Órdenes que tamén sumou tres puntos, 2-1 ante o AD Miño, mantendo a presión sobre o líder.

O CF Dumbría continúa a súa escalada na táboa tras derrotar ao SD O Val (1-3), afianzándose no sexto posto, tendo por enriba como 5º ao veciño SD Sofán que conseguiu un punto en Cidade de Ribeira (1-1), grazas a un penalti nos minutos finais,

  Cidade de Ribeira CF 1-1 SD Sofán

A SD Sofán logrou un empate a domicilio fronte ao Cidade de Ribeira CF, nun partido que se lle puxo complicado dende os primeiros minutos. Os locais adiantáronse no marcador no minuto 15 cun gol de Viturro, obrigando ao Sofán a remar a contracorrente.

A reacción visitante chegou na segunda metade, cando os sofanistas melloraron e metendo os ribeirenses no seu campo. A insistencia tivo recompensa no minuto 89, cando Xandre converteu un penalti, establecendo o empate final. O punto permite ao Sofán manterse en postos de privilexio na táboa, demostrando capacidade de reacción e resistencia fóra de casa.

Goles: 1-0 Viturro (15´), 1-1 Xandre (penalti, 89´)

SD O Val 1-3 CF Dumbría 

O CF Dumbría impúxose con autoridade á SD O Val nun partido que marcou dende moi cedo. Breixo abriu o marcador no minuto 3, seguido dun gol de Diego Estévez no minuto 21 que situaba aos locais cun cómodo 0-2.

Na segunda metade, Xabi Castro ampliou a diferenza no minuto 54, deixando o partido practicamente sentenciado. A SD O Val conseguiu recortar distancias nun penalti no tempo de desconto, convertido por Beade, pero xa era demasiado tarde para evitar a derrota. Con esta vitoria, o Dumbría afianza a súa progresión na clasificación e sube a 6ª praza a só 3 puntos do terceiro.

Goles: 0-1 Breixo (3´), 0-2 Diego Estévez (21´), 0-3 Xabi Castro (54´), 1-3 Beade (penalti, 95´).

7ª Xornada

19/10/2025

SD Sofán-Sigueiro CF

AD Miño-CF Dumbría

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”