PREFERENTE NORTE
-6ª Xornada-
SD Resistencia 0-0 SD Sofán
Segundo empate consecutivo dos sofanistas, tras haber empatado a pasada semana co Victoria CF, (1-1), e que fai que os da parroquia carballesa continuen en senda positiva.
O Sofán recibe na 7ª xornada no Carral, o próximo Domingo ao SDC Galicia de Mugardos, se non hai troco de día. O seu rival ven de derrotar ao CD Unión, (2-1), e ocupa a 3ª praza da clasificación con 13 puntos, a 5 do lider, Betanzos que suma as 6 xornadas disputadas como vitorias.
SD Sarriana 3-1 SD Fisterra
Plantoulle cara o Fisterra a un dos “cocos” da liga, Unha Sarriana que se pon lider, 1 punto por enriba do Betanzos, que recibe hoxe o Montañeros. Adiantouse o equipo lucense aos 22 minutos por medio de Álvaro, e antes de irse o descanso facía o segundo, por medio de Adrián, (44´). O Fisterra poñíase no encontro cun tanto de Breixo, (51´), pero pronto abrirían fenda no marcador os locasi, cun tanto de Diego, (58´).
O Fisterra recibe na 7ª xornada no Arasolis, o próximo Domingo ao SD O Pino, se non hai troco de día. O seu rival ven de empatar co Ribadeo FC, (2-2), e ocupa a 12ª praza da clasificación con 8 puntos.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto Arquivo SD Sofán