EMPATE DO FISOBER FSF ANTE O ESTRADA FÚTSAL, (3-3), NA APERTURA DA PREFERENTE GALICIA

O encontro xogouse no Pavillón de Cee.

 

PREFERENTE GALICIA-LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – PASTELERÍA CERVELA A ESTRADA FUTSAL: 3-3.

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Ana, Carre, Mai ; tamén xogaron : María Maroñas, Lucía Rodríguez, María Dumbría, Adriana, Kenny.

ESTRADA : Yaiza, Lucía Álvarez, Alba, Noelia, Lucía González ; tamén xogaron : Patricia, Iria, Natalia Mercedes , Sonia.

ÁRBITRO : Jorge Fernández ; CRONO : Vanesa Varela.

GOLES : 0-1 min 4 Noelia, 1-1 min 7 Paula Fandiño, 2-1 min 19 Paula Fandiño, ( descanso ), 2-2 min 33 propia porta, 2-3 min 34 Sonia, 3-3 min 37 Paula Fandiño.

Partido correspondente a primeira xornada de liga na Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado no P.M. de Cee na tarde do sábado .

O Fisober iniciaba unha nova andaina da man de Dani Costa no banco e facíao fronte a unha das súas bestas negras nos últimos anos, neste difícil calendario a inicio de tempada que teñen as costeiras.

Comezaban as visitantes creando ocasións claras ante Lía. A primeira ocasión das locais foi por parte de Ana con dous lanzamentos dende o borde do área.

Unha perdida en campo propio das locais provocaba unha contra das estradenses que salva Lía pero no saque de esquina Noelia adiantaba as visitantes. Tocáballe remar as de Dani Costa.

Non tardaría en reaccionar o Fisober xa que Paula Fandiño anotaría unha falta na frontal sobre Ana.

O Fisober tiña unha boa ocasión despois de que Kenny enviara para Adriana que por pouco non anotou no segundo pau. Apretaban as locais e un remate co calcaño de Ana case é empurrada do novo por Adriana.

As visitantes tamén poñían en apuros a Lía a balón parado. E as locais seguían ao seu cun lanzamento de Carre que case empuxa María de Dumbría. Unha vaselina de Ana e o posterior rexeite a piques estivo de aproveitalo de novo María de Dumbría.

Acumulaba moitas faltas o conxunto visitante o que provocaba un dobre penalti que Paula Fandiño enviaba ao pau. No segundo xa no último minuto non erra Paula Fandiño e pon en vantaxe as costeiras que aínda se puideron ir con máis vantaxe se Adriana marcara case na última antes de ir a vestiarios.

Na segunda metade o Fisober defendía moi ben e saía a contra. As visitantes non se rendían e poñían en apuros a Lía.

Os minutos ían pasando e o resultado continuaba igual. Ata que a sete para o fin despois dunha falta e un rexeite o balón entraba na portería costeira provocando a igualada. E na seguinte xogada un lanzamento lonxano de Sonia dáballe a volta o electrónico.

Nun minuto parecía que se ía todo o traste, as locais arriscaban e as estradenses creaban perigo a contra. Ata que a pouco máis de dous para o fin cas costeiras en arrebato de novo un lanzamento cruzado de Paula Fandiño poñía a igualada.

A piques do fin un roubo de Paula Fandiño case da o triunfo as costeiras e un poker nas súas botas pero a vaselina foise alta.

Puntiño importante para o Fisober ante unha das súas bestas negras, a vindeira semana neste difícil calendario tocará visitar a un dos favoritos o Leis Pontevedra, previsiblente o sábado as 20 horas en Marcón.

Destacar tamén o debut da cadete Lucía Rodríguez co primeiro equipo.

-Autor do artigo : Luis Sambad.

-Foto : Fisober FSF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies