Empate do Depor en Hamburgo, (2-2), nun amigable con maior ritmo e esixencia.

St Pauli 2-2 Depor

Encontro extrano no contexto pois os dous equipos pactaron, a petición do alemán, que o encontro tivese tres tempos, dous de 45 minutos e un supletorio de 30, como se fose unha prórroga, para así darlle máis minutos a tódolos xogadores, Os alemáns máis rodados xa comezan a liga a vindeira semana.

Un Depor con altos e baixos entrou tarde o encontro e Leo Román regalaba o rpiemrio gol aos hamburgueses. O gol despertou aos nosos e comezaron a trenzar xogadas e crear ocasións de gol ante un rival cun maior ritmo competitivo, o conxunto mostrou personalidade para sobrepoñerse a un marcador adverso en dúas ocasións e manterse invicto na súa preparación estival.

Recibeu o Depor os dous primeiros goles da pretempada pero máis alá do resultado, o encontro serviu para comprobar o crecemento do equipo, que competiu de igual a igual fronte a un rival esixente e deixou detalles moi positivos, especialmente na capacidade de reacción e na intensidade mostrada durante boa parte do partido.

Os goles de Bright Ede e Chouri, (que sempre molla), permitiron neutralizar as vantaxes do cadro alemán nun duelo marcado tamén por algúns erros defensivos propios da pretempada.

Agora toca viaxar a Italia para enfrontarse primeiro ao Fiorentina, no  Stadio Curva Fiesole, (20:00 horas), o xoves e logo o Genoa o sábado no Stadio Luigi Ferraris, (20:45).

Depor : Leo Román; Teijo, Comas, Ede, Xabi Campos; Amatucci, Villares, Soriano, Luismi; Nsongo, Aubameyang. A partir del minuto 64: Leo Román (Parreño, min 90); Teijo (Samu, min 75), Noubi, Barcia, Quagliata; Theun; Luismi (Guerrero, min 72), Patiño, Riki; Kevin y Zaka. 

Goles: 1-0, Hara, (17´); 1-1, Bright Ede, (59´); 2-1, Kaars, (72´); 2-2, Chouri, (84´).

Impresións de Amatucci :

-RESUMO DO ENCONTRO-

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”