LIGA DE FÚTBOL 7 FEMININO
-GRUPO SANTIAGO-
A derradeira vitoria das amarelas foi ante o Nicraniense, (2-0).
CF Mazaricos 1-1 CF Vista Alegre
Desaproveitou o equipo mazariquense o empate antre o lider EFB Terra de Montes e o segundo clasificado, Trazo CF, (1-1), para loitar na derradeira xornada polo subcampionato da liga regular. As rapazas de Mazaricos adiantábanse por medio de Graciela aos 27 minutos de xogo e vía como lles empataban as santiaguesas na segunda metade, cun tanto de Noa, (49´).
Con este empate suman as rapazas de Manuel de Borja, 5 xornadas sen coécer a vitoria, dende que derrotaran ao AD Nicraniense, (2-0), na 9ª xornada, sumaron 3 empates e duas derrotas.
Na derradeira xornada da liga regular o equipo mazariquense visita ao colista, SD O Pino, o vindeiro sábado 19 de Marzal a partires das 16:00 horas.
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : piratasdemuxia