LIGA FÚTBOL 7 FEMININO – SANTIAGO
10ª Xornada
O Mazaricos mereceu máis ante o Victoria.
CF Mazaricos 1-1 Victoria FC “D”
José Ángel Carreira, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Empezamos no partido moi perdidas, xa que elas tiñan moita movilidade no medio do campo e combinaban moi ben, pero non chegaban a portería en exceso. Chegamos o descanso co 0-0 pero con moita superioridade delas en xogo de balón, dado que estabamos moi perdidas en coller marcas, e así na parte dianteira e medio. Atrás ben organizadas.
Nunha xogada de mala sorte que tropeza o balón en duas das nosas, entra o gol visitante. Xa no descanso faláramos do que debíamos facer no medio, e das marcas a quen coller ,e soubemos melloralo na segunda parte, tendo moito máis perigo que elas, e falantando 5 minutos chegou o gol, obra de Graci en falta direta. Estes derradeiros 5 minutos foron un espectáculo xa que nos viñemos arriba e non daban saido da portería. Yasmina tivo un man a man que con todo para marcar foiselle por arriba da portería, e outra ocasión máis de Graciela podendo acabar o partido 3-1, pero non se movería o marcador. Moi contento do partido ante un bo rival como e o Victoria, e contento tamén do resultado, ainda que vendo a segunda parte igual merecíamos máis”.
FICHA TÉCNICA
PROXIMO RIVAL
O CF Mazaricos feminino visita o vindeiro sábado 23 de Novembro ao SD Bandeira “B”, 8º clasificado con 12 puntos, un máis cas mazariquenses, no campo “A Gandeira” dende ás 12:30 horas.
CLASIFICACIÓN
O CF Mazaricvos ocupa a 10ªpraza con 11 puntos, a tan só 2 puntos do Escola Estrada FB que ocupa a 7ª praza.
-Fotos : José Ángel Carreira/Jorge Villar “Gorrión”
-Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.