O Xallas homenaxeou aos nenos/as da base que sairon campións das diferentes categorías.
Rematou a liga na 2ª Galega Feminina G1 e fíxoo coa derrota do Xallas, o noso mellor clasificado, e con empates de UC Cee e Miúdas.
Xallas FC 2-2 Sporting Meicende
Roberto Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “O Xallas Feminino empatou no último partido de liga ante o Meicente no Campo Municipal de Fontenla (2-2). Michelle e Noelia marcaron para as verdes os últimos goles desta magnifica tempada na 2º Division Galega. Primeiros compases nivelados nos que o equipo local trataba de levar o peso do xogo fronte a unha escuadra, ben plantada na súa parcela. O primeiro aviso con perigo deuno o bando local, cun tiro cruzado de Michelle, que se coou na portería, pero o tanto foi anulado por fóra de xogo da dianteira verde. Co transcurso dous minutos ou partido perdeu intensidade nesta primeira metade. Chegando co 0-0 o descanso. Na segunda metade, coas gañas de agradar os nosos siareiros cunha vitoria ou equipo saíu máis decidido e nunha triangulación entre Andrea Barbeira“.
Xallas FC : Rosio; Carla Landeira, Saskia Rodríguez, Alicia Rial, Andrea Otero; María Rial, Noelia García, Andrea Barbeira; Paula Barcia, Michelle Rodríguez e Olalla Antelo. Tamen xogaron: Daniela Otero, Inés Pérez, Yaiza Domínguez, Laura García e Zaira Blanco.
Goles : 1-0, Michelle, (65´); 1-1, Paula, (76´); 1-2, Paula, (82´); 2-2, Noelia, (94´).
Árbitro : Carlos Señarís. Amonestou a visitante, Andrea.
Homenaxe do Xallas aos máis pequenos
Os rapaces e rapazas do fútbol 8 do Xallas FC foron homenaxeados no Fontenla nun ano extraordinario para o clube xalleiro, co primeiro equipo senior campión da 3ª da Costa, os xuvenís campións da liga da Costa Xuvenil, os Prebenxamíns campións da Copa da Costa, o Benxamíns A campión da Liga da Costa, e o Benxamíns B campión da Copa Consolación, e o equipo feminino pechando unha gran campaña na 2ª Galega Feminina G2. A nosa máis cordial noraboa a todos eles e aos que fan posible que den un nivel tan bo.
UC Cee 1-3 Orzán SD B
Encontro dominado polas coruñesas na segunda metade na que tralo 0-1 de Alexia aos 30 minutos de xogo, esta repetía no treito final, (80´), para 5 minutos despois sentenzar por medio de Daniela. O gol da despedida da tempada ceense chegaba por medio de Nerea no 92´.
Árbitro : David Cancela. Non amosou cartóns.
ED As Miúdas 1-1 SD Antas
Chegaron as duas escadras escasas de efectivos a este derradeiro encontro de liga, tanto as muradanas, como as das Antas tiñan un só recambio no banco de suplentes. Adiantáronse as visitantes ao fío do descanso cun tanto de Nuria, (44´), e empatarían as muradanas no 61 cando Elba transformaba unha pena máxima.
Árbitro : Mar Thiaw. Non amosou cartóns.
-Foto arquivo : Rupper
-Texto : Xosé Búa “Pirata”