EMPATE ANTRE SD CAMELLE E UD CORCUBIÓN NUN ENCONTRO DE PODER A PODER.

3ª DA COSTA

-Encontro suspendido da 14ª xornada-

Destacar que antes do comezo gardouse un emotivo minuto de silezo polo triste pasamento do pai do xogador do SD Camelle, Valiña, ao que nos unimos, (D.E.P.).

 

 

SD Camelle 2-2 UD Corcubión

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Empezamos ben o partido e puxemonos rapido por diante no marcador, na primeira parte acabou con un 2-1 e ca sesacion de haber podido sentenciar o partido.No comenzo da segunda salimos demasiado confiados e o corcubion aprobeitou ben ss poucas ocssions que tubo pra poñerse por diante. Apartir de ahi volvemos a apretar e conseguimos empatar. Nos ultimos minutos volvemos a ter duas ocasions claras pa ganar o partido, pero outra vez mais non quiso entrar o balon”.

Antón Lestón, (Xogador do UD Corcubión/Radio Nordés) : “Chegábamos ao partido moi xustiños de xogadores por varias lesións de xente importante e incrédulos de que se xogase no Rodeiro despois de que o temporal Fabien arrasase toda a jrada, e de que o partido ese sábado quedáramos en xogalo en Camariñas. Tan pronto chegamos xa vimos que o campo era un auténtico peligro para tobillos e rodillas, pero al final resultou un milagro que ninguen salise cunha lesión que lle causase Baixa no traballo. O propio terreo de xogo propiciou que fútbol houbese pouco. Aguantamos como puidemos o bo inicio deles, e na segunda parte fomos nós os que saimos moi ben marcando dous goles rápidos e mentendonos 2-3. Nunha falta innecesaria marcaronnos o 3-3 e ao final ainda tiveron ocasións para levarse os tres puntos, así que nos imos contentos co empate. Co do campo, quero deixar claro que non culpo en nada al Camelle nin a directiva, que fan todo o posible para telo en no estado. Pero é unha vergonza que a federación deixe xogar ahí e despois veña a protestarte se tes unha térmica de outro color que a equipación”.

 

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

 

Goles : 1-0, Miguel Riveiro, (4´); 1-1, Antón Lestón, (23´); 2-1, Dido, (43´); 2-2, Antón Lestón, (56´); 2-3, Asier, (60´); 3-3, Vieites, (87´).

SD Camelle : David Caamaño, Huchiño, Valiña, Pablo, Barreiro, Santi “Maka”, Adrián Vieites, Dido, Miguel Riveiro, David do Correo e David Vieites. Tamén xogaron : Marcotiño, Caamaño e Rodrigo.

UD Corcubión : Abelleira, Rubén, Alberto, Carlos Lojo, Iago Lema, Joaquín, Alan, Antón Lestón, Adán, Mario e José. Tamén xogaron : Asier, Gabriel e Rodrigo.

Estado da cuberta da grada do “Rodeiro”, tralo temporal.

 

XOGADA QUE PUIDO CAMBIAR O MARCADOR

 

 

Vídeo que nos aporta o SD Camelle dunha xogada nos derradeiros intres do encontro na que Vieites remata alta unha ocasión inmellorable que podía ser o 4-3.

 

-Fotos : Vicky Búa

-Texto : José Manuel Ordóñez/Antón Lestón/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.