NOIA CF 2-2 ED AS MIÚDAS
Comezo de liga das Miúdas ante un bo rival, que a pesares de debutar este ano en fútbol 11 seguro que dará que falar polo seu bo facer no campo.
O partido púxoselles rapidamente de cara ás xogadoras do Noia pois conseguiron marcar dous goles practicamente ao principio, ambos tras golpear o balón ás espaldas das nosas defensas. A pesares disto, as sensacións para as de Muros eran positivas xa que roubaban moitos balóns en campo contrario e o xogo desenvolvíase practicamente no mesmo. Gozaron as costeiras de ocasións moi claras que non souberon materializar, especialmente nos últimos 10 minutos do primeiro tempo, onde puideron recortar distancias en máis dunha ocasión.
As visitantes saíron no segundo tempo coa mesma idea, en posicionamento avanzado, tratando de roubar balóns o máis preto posible da portería contraria. A sensación era de que o gol tiña que chegar máis cedo que tarde, e así foi, por medio dun tiro dende fóra da área de Marcela, onde a porteira do Noia pouco puido facer. Este gol serviu para meter unha marcha máis ás visitantes, e pouco despois, Antía, de penalti, conseguía o empate, tras unha potente internada de Ainoa pola banda esquerda que as xogadoras do Noia só puideron cortar derribándoa na Área.
Nos últimos minutos, o esforzo realizado polas de Muros o ir a contracorriente dende o inicio fixo que non houbese orden defensivo, perdendo o dominio do partido, e volvéndose este un lixeiro correcalles. As locales mostrarin moito oficio a pesares da sia reciente creación e deron mostras do que van ofrecer tras unha boa campaña a pasada en fútbol 8.
Pola parte das Miúdas, non chegan a este inicio de liga no seu mellor momento e teran que rodar e adaptarse os nunerosos cambios no plantel estas primeiras xornadas para ir collendo ritmo. En definitiva, o derbi da ría de Muros quedou en taboas nun partido disputado que as visitantes queren dedicar a súa compañeira Ángela, unha das debutantes que na primeira parte do choque, tras un mal xiro mancou o xeonllo dereito, a primeira valoración non é positiva, na enesima lesión desta articulación para o plantel muradán.
Seguro que pronto volve a disfrutar nunha andaina que acaba de arrancar nesta 3 temporada para As Miúdas, no partido tamén debutaron Ana, Sabela, Saray e a gardamallas Adriana, todas elas como primeira experiencia en fútbol 11.
FICHA TÉCNICA
-Autor do artigo : Fran Figueroa para piratasdemuxia.es
-Ficha Técnica : RFGF-Piratasdemuxia.es
-Foto de arquivo : ED Os Miúdos
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es