EMPATE AMARGO DO ED AS MIÚDAS ANTE O ATLÉTICO AROUSANA POR FALLA DE EFICACIA CARA A PORTA.

As Miúdas queixáronse das reiteradas faltas do equipo local.

 

Atlético Arousana 1-1 ED As Miúdas

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Pólvora mollada…
Volven a patinar as Miúdas pola falta de acerto cara a meta rival, de feito, crean ocasións, elaboran xogadas de ataque pero non concretan as xogadas en gol, e onte foi outra desas tardes para olvidar no que a definición se refiere.

A primeira parte foi fea en canto a ritmo de xogo, a pesares deso o único equipo que manifestou perigo foi o visitante, pero todos os balóns acababan na rede… a que evita que vaian fora do campo, porque apenas se inquietou á porteira rival ata os últimos 10 minutos desta primeira metade nos que estuvo acertada e tapou sendas internadas dunha Ainoa que recibeu paus de tódolos colores. Co que con empate a nada se chegaría o descanso.

Mellor arranque na reanudación das visitantes, máis intensas, con máis ritmo, pero ca misma puntería, ás locales tiraban dese “outro fútbol” para evitar as xogadas rivales, multitude de libres directos que nin Antía, nin Laura nin Gala atopaban máis que a rede lateral para desesperación das da Costa da Morte que incluso dispuxo de varias ocasións ca porteira xa batida que Marta e Pati enviarían alto.

O árbitro non empezou a cortar a sangría de faltas ata pasada a hora de encontro cando amosou o primeiro carton tras infinitas advertencias, e tamén os houbo para as de Muros por protestar tanta permisividade. E tan redondo se estaba dando a tarde que a única ocasión clara para as locales levou o 1-0 no minuto 71, pleno á efectividade.

E volta o monólogo ofensivo dunhas Miúdas á desesperada. No 76 chegaría a expulsión polo segundo cartón amarelo a Xiomara na enésima falta sobre Ainoa, co que quedaban 15 minutos de asedio en superioridade numérica ante unhas rivales que xa se defendían agrupadas en campo propio.

Nun dos múltiples tiros a porta o balón peta na man da defensora arousana cometendo un claro penalti que Antía executa forte a media altura pero atopa un paradón dunha Iria que se fixo tan xigante que tamén despexou os dous rexeites posteriores nos pes de Pati e Leti. Premio en exceso para as locales e penitencia desmedida para as que non desalentaron contra “todo” o que houbo no campo para minimizar unha tarde horrible e poñer xa no desconto, cando parecía que a sentencia estaba firmada o empate, non sin apuros pois, Iria se planta soa ante a súa tocaia arzuana e o balón vai o pau e ten que ser Ainoa, tras resucitar 20 veces quen por fin machaque a rede no minuto 93.

E ainda puideron levarse os 3 puntos si a propia Ainoa finalizase outra xogada individual pero era máis unha tarde de tedio e vergonza que de épica.
Reparto de puntos en definitiva para ledicia local e por sorte ningunha expulsión polo bando muradán, que ten mérito tras o ambiente vivido en Vilagarcía, para facelo mirar a quen lle interese ou seguir creando esta “cultura do todo vale”.

Goles : 1-0, Emma, (71´); 1-1, Ainoa, (90´).

ED As Miúdas : Adriana, Paula, Marcela, Isa, Antía, Leti, María, Gala, Marta, Ainoa e Pati. Entraron: Laura, Iria, Saray, Sabela e Mariña.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto : Banquillo do ED As Miúdas

-Texto : Fran Figueroa

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.