Todo queda para o encontro de volta
Non se pasou do empate nen na eliminatoria que enfrontou ao SCDR Esteirana e o Corme CF, (0-0), nen na que enfrontou ao Cabana SD e o FC Camariñas, (1-1). Moito respeto antre os adversarios e todo queda para os encontros de volta do próximo Domingo. Destacar que no encontro antre cabaneses e camariñáns, estes últimos dispuxeron de dous penaltis, un parouno Darío e o outro marcouno Pablo Novo, porteiro dos camariñans. Moi criticada a actuación arbitral polo adestrador camariñán Berto Suárez que acabaría sendo expulsado.
SCDR Esteirana 0-0 Corme CF
Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Partido moi igualado, con dous equipos que tomaban moitas precaucións, e sin ariscar nada. Hai un partido de volta e eso influe moito.
Cada equipo tivo a súa oportunidade pero creo que o resultado e xusto.
Agora pensar na volta e vamos coa portería a cero”.
Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : Cando nos chegue a sua visión do encontro poñerémola aquí.
SCDR Esteirana : MJ, Alaves, Maroñas, Carlos Rama, Adrián, Rober “Pladur”, Elías, Manuel, Alberte, Dani Rama e Tobío. Tamén xogaron : Carlos Lestón e Brais.
Corme CF : Jesús, Brais, Sergio, Eloy, Adrián Doldán, Alejo, Lucas, José, Torrado, Alejandro e Adrián Núñez. Tamén xogaron : Toniño, Diego, Aitor e Manu Bermúdez.
Goles : 0-0
Árbitro : Rubén Extremadura Hernández, (Comité de Vigo)
Asistentes : José Alberto Lorenzo, (Comité de Vigo) e David Veloso, (Comité Galego)
Cartóns : Non se amosou ningún
Incidencias : Gran ambente no campo “Xosé Luis Vara Olveira”, con moitos afeccionados do Corme CF desprazados. A foto de portada é de Eduardo Cambón e nela os equipos fanlle o pasillo aos cadetes do SCDR Esteirana que na mesma maán convertíanse en campións da Copa da Costa Cadete.
Cabana SD 1-1 FC Camariñas
Fernando Mato, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido moi parexo entre dous equipos que xa se conocían e donde nos adiantábamonos con gol de Manuel, despois dun pase de Iván. Neste encontro non estívemos a altura das anteriores eliminatorias, contaxiandonos do xogo deles e sin pelexar comoa outras vece. Fixemos dous penaltis xa terminando o partido. O primeiro parouno Darío e o segundo foi para dentro, e tamén decir que hai un expulsado por cada bando, e cando expulsan a un deles ainda o fixemos peor, e cando expulsan a un dos nosos viñémonos un pouco abaixo. Quedan 90 minutos e hai que seguir intentándoo”.
Berto Suárez, (Adestrdor do FC Camariñas) : “Despois dos anos que levo no fútbol encontreime cun árbitro o sr Rubén Reborido, (o de señor por decirlle algo), que nos fixo un auténtico atraco. Un árbrito prepotente e con unha maldade sen límites esperando polo ben dél e noso que non non cruzemos máis. O partido a para ser do que el fixo saimos con vida. Empate a uns que deixa todo para volta”.
Cabana SD : Darío, Pablo, Iván, Rubén, Dani Mato, José, Castro, Iván, Manuel, Diego e Santiago. Tamén xogaron : Aarón, Simón, Ismael, Fernando e Crístian.
FC Camariñas : Pablo Novo, Soule, Rodrigo, Francisco, Mario, Mickael, Djibril, Nicolás, Óliver, Daniel e Ánxo. Tamén xogaron : Brais e Juan.
Goles : 1-0, Manuel, (14´); 1-1, Pablo Novo, (93´)
Árbitro : Rubén Reborido Rodríguez, (Comité da Coruña)
Asistentes : Juan Marcos Ríos e Carlos Señarís, (ambos do Comité da Costa)
Cartóns : Dani Mato, Santiago, Manuel, Pablo Darío e Iván, (expulsado con dobre cartón), polo Cabana SD e Brais, Soule e Berto Suárez, (adestrador), polo FC Camariñas. Estes dous últimos expulsados con vermello direto.
Incidencias : Magnífica entrada nas “Redondas” con moitos afeccionados desprazados dende Camariñas.
“En : “Cadros de torneos” tes tódolos cadros de tódalas Copas da Costa dende Veteranos ata Fútbol 8
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.