EMOTIVO PREGÓN DOS RAPACES E RAPAZAS DO CF MUXÍA QUE SE LEMBRARON : “DOS QUE NON ESTÁN E QUE NOS DEIXARON TODO ESTO”.

Os rapaces e rapazas do CF Muxía xunto con Xosé Luies Merelles, director da axencia de turismo de Galicia deron o pregón da Romaría da Barca deste venres 12 de setembro do 2025.

Por parte do equipo muxián falaron o presidente do clube Juan José Busto, as capitanas do equipo feminino e os capitáns do masculino, tamén falou o alcalde de Muxía, Javier Sar. O discurso versou sobre o deporte o feito de que todo, “con esforzo se consigue ca unión de todos/as”, e animouse a xente a “disfrutar da festa e ser respetuosos co pobo porque os que uns rompan teñen que qrreglalo outros”, e o intre máis emotivo foi o “recordo dos que xa non están con nós e que son os que fixeron que hoxe teñamos todo esto”.

O director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Luis Mourelle, falou do “abraiado” que estaba da celebración e de que seguro que acadará a distinción de Romaría de Interese Turístico Internacional, un feito sobre o que se está traballando. Asimesmo falou das excelencias de Muxía e da bisbarra, dós máis de 50.000 visitantes que tivo o ano pasado no Día Grande e da repercusión que ten a nivel galego, nacional e mundial con medios de prensa internacionais falando sobre a romaría muxiana. 

 

-Foto e texto : CF Muxía