EMOTIVO HOMENAXE DO MUROS E A ESTEIRANA NA MEMORIA DE NASO E JANO

 

Un ano máis o encontro memorial por Naso e Jano antre os dous que foran os seus equipos o CD Muros e a SCDR Esteirana, estivo cargado de emotividade.

Un gran número de siareiros desprazáronse ata o “Eleuterio Balayo” para render homenaxe os dous xoves tristemente desaparecidos en accidente de tráfico cando ían para traballar a Noia. Os asistentes atenderon a chamada dos clubes e aportaron alimentos para Cáritas de Muros. Antes do encontro entregouselle un ramo de froles aos familiares dos rapaces.

O encontro acabou coa vitoria do CD Muros por 4-2, tras comezar gañando o SCDR Esteirana e posterior remontada dos muradáns na segunda metade.

Foto : Facebook/clubdeportivomuros

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies