EMOTIVA E MULTITUDINARIA HOMENAXE DO CORISTANCO A MANOLO DE LÓPEZ 44 ANOS LOITANDO POLO CLUBE CORISTANQUÉS.

Manolo con varios dos que se acadou a Copa da Costa do 1987.

 

No día de onte Manuel Vecino, máis coñecido polos veciños de Coristanco por “Manolo de López”, recibeu unha emotiva, calurosa e multitudinaria homenaxe no Campo da Rocheira, que como dixo a consellala de deportes de Corisranco, Clarisa, proporán en pleno que o campo leve o nome de “Manuel Vecino”, en honor ao homenaxeado que entregou 44 anos da sua vida a que existise o clube, e no seu mandato loitou sempre polo progreso do mesmo en tódolos ámbitos. A orgañización do acto partiu dunha idea de dous xogadores coristanqueses Lagoa e Pazos

Na sua honra xogouse un encontro no que se entremezclaron xogadores de agora e de antes e a Manolo fíxoselle un pasillo con unha gran cantidade de xogadores de tódalas edades o cal atravesou acompañado dos seus netos. Recibeu unha emotiva placa de mans da concellala e do ex xogador e amigo Moreira, que ademáis é sobriño dél, lembrando os 44 anos no clube do “eterno presidente”. Nos actos estiveron tamén a federativa Silvia Cancela, o presidente actual do clube, o xove, Diego Mallo, así coma o ex presidente Ramiro, e xogadores cos que se conquistou a Copa da Costa do 1987 ante o Camariñas, Lagoa, Moreira, Díaz e Lorenzo, e moitos outros. Daquela Ramiro era diretivo con Manolo de presidente. Tamén temos que apuntar a presenza no acto do compañeiro de Manolo de López na diretiva Paco López, que ademáis é colaborador noso, e gracias ao que vos traemos esta reportaxe fotográfica.

Agora Manolo, apártase a un lado, pero non deixará nunca de estar a carón do SD Coristanco.

Decir que estábamos invitados como web e como amigos de Manolo de López, pero non puidemos estar xa que o mar non para nos festivos de antre semana, pero agradecemos a invitación e mandámoslle dende aquí a Manolo unha forte aperta, e valga este artigo coma unha homenaxe nosa a este gran persoeiro do Coristanco e da Terra da pataca.

 

Pasillo a Manolo de López.

 

Os dous equipos do Coristanco que xogaron na sua honra.

 

Recibindo unha placa de Moreira en lembranza aos 44 anos de Manolo no Coristanco.

 

 

Coa concellala Clarisa e a federativa Silvia ante os trofeos oficiais do Coristanco.

 

 

De esquerda a dereita : Clarisa, Silvia Cancela, Manolo e Diego Mallo, actual presidente e porteiro do clube.

 

Membros dos dous equipos con veteranos e xogadores senior, co homenaxeado no centro e as autoridades.

 

Manolo con Lagoa un dos orgañizadores da homenaxe.

 

-Fotos : Paco López/Cervecería Arume

-Texto : Xosé Búa “Pirata”