O RC Deportivo anunciou a despedida de Pablo Vázquez e o enrole nas filas do Depor 2025/26 de Luis Miguel Cruz Hernández, coñecido futbolisticamente como “Luismi Cruz”, (Puerto de Santa María, Cádiz, 23 de maio de 2001). Extremo esquerdo que tamnén se desenvolve pola dereita e que procede do Tenerife no que xogou pola dereita e que amosou a sua calidade a pesares do desastre que foi o equipo tinerfeño en máis de media tempada e que o levou o descenso.
Procede do CD Tenerife, onde nas dúas últimas temporadas (2024-25 e 2023-24) xogou 69 partidos en LaLiga Hypermotion e 2 partidos en Copa del Rey. Marcou en total 6 goles e repartiu 12 asistencias.
Formado na canteira do Sevilla FC, chegou a debutar no primeiro equipo do conxunto hispalense (temporada 2021-22), cun total de 2 partidos en Primera División, 1 na UEFA Europa League e 1 en Copa del Rey.
O seu curriculum complétano 55 partidos e 8 goles en Segunda División B e Primera Federación co filial sevillista; e 37 partidos con 8 goles e 8 asistencias no seu paso polo Barça Atlétic (campaña 2022-23), entre eles un derbi contra o Real Madrid no Estadi Johan Cruyff correspondente ao play off de ascenso no que marcou 2 goles e deu un pase de gol.
Luismi Cruz é a cuarta fichaxe do Dépor após os xa confirmados de Arnau Comas e Lucas Nouby, e do cedido o Ferrol, Jairo Noriega.
Pablo Vázquez confirmado como traspaso o Xixón
Tamén anunciou o RC Deportivo o traspaso de Pablo Vázquez o Xixón, do que xa vos demos contada información polo visto na prensa asturiana e a tenor de que hoxe non adestrou e xa se falaba na prensa da comunidade veciña de que xa estaba en Mareo.
Así o anunciaba o RC Deportivo : “O RC Deportivo e o Sporting de Gijón chegaron a un acordo para o traspaso de Pablo Vázquez ao club asturiano.
O Club quere desexarlle ao central valenciano moita sorte e moitos éxitos no seu novo proxecto profesional”.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”