EMBARQUES DEPOR 2025/26 : “ARNAU COMAS CHEGA PARA REFORZAR A LIÑA DEFENSIVA DEPORTIVISTA”.

Arnau Comas Feixas (Cassá da Selva, Girona, 11 de abril de 2000) reforza a zaga do RC Deportivo. O central catalán asinará polo Club até xuño de 2028.

Arnau Comas procede do FC Basilea, co que se proclamou campión de liga e Copa. No club suízo disputou un total de 43 partidos entre a temporada 2022-23 e a 2024-25. Ademais, marcou con tres goles e deu unha asistencia. Os seus encontros co Basilea repártense entre Súper League (25 partidos), Copa de Suíza (4 partidos), Fase de Clasificación para a Conference League (8 partidos) e Conference League (6 partidos). 

O pasado mes de xaneiro, foi cedido á SD Eibar de LaLiga Hypermotion para disputar a segunda volta da competición. No conxunto armeiro participou en 9 encontros.

Arnau Comas chegou a debutar coa selección Sub-21 en partido disputado o 18 de novembro de 2022 contra Xapón.

Formado nas categorías do FC Barcelona, proclamouse campión da UEFA Youth League co conxunto azulgrana xuvenil.

Jairo cedido o Ferrol e Pablo Muñóz traspasado o Guadalajara.

Xa o decían os “mentireiros” da prensa presuntamente deportivista, que Jairo Noriega ía a fichar polo Depor e logo irse cedido ao Ferrol, e así foi. Sen que siquera lle vise o fuciño ao rapaz o novo adestrador Antonio Hidalgo, foi cedido o equipo da cidade Departamental, debido ao “overbookig” que hai no tramo de campo que desenrola Jairo, pero que para nada nos parece como socios e siareiros unha manobra aeptada, pois antes debería ser visto polo adestrador en direto.

Por outra banda, Pablo Muñóz que acababa a sua cesión co Marbella retornaba e foi traspasado o Guadalajara. Un xove que pasou por aquí sen pena nen groria, acuciado polas lesións e sen explotar na sua cesión.

-Foto : Xosé Búa “Pirata”

-Texto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies