ELIMINATORIAS POLO ASCENSO A 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL : RECTIFICACIÓN E HORARIOS DE SEMIFINAIS.

 

A sede da RFGF en Santiago de Compostela albergou este martes, e de forma telemática, o sorteo das fases finais da Liga Galega Feminina – 2ª División e da Liga Galega Infantil Feminina. Ambas comezarán a celebrarse esta próxima fin de semana.

O sorteo estivo presidido por Amancio Varela, directivo responsable do Fútbol Feminino na RFGF, e no mesmo estiveron presentes os representantes dos clubs que disputarán este tramo decisivo do campionato.

Na LGF – 2ª División son 8 os equipos que loitarán polos dous ascensos que hai en xogo. Cómpre salientar, ademais, que a primeira das eliminatorias pola parte esquerda do cadro xa estaba predefinida sen ser necesaria a extracción de bólas, debido a que enfrontará ao mellor primeiro clasificado de todos os grupos durante a primeira fase, que é o Lóstrego CF, e ao mellor segundo seguindo criterios de deportividade, que é o CF Noia.

 

 

Bergantiños FC e UC Cee pódense ver na final

Decíamos que o sorteo foi bo para os intereses do fútbol feminino da Costa da Morte e Bergantiños FC e UC Cee non se verían as caras, pero todo o contrario, so se poden ver as caras na final por un dos dous postos de ascenso. Non fomos nós sos os que caeron na confusión coa montaxe do cadro de enfrontamentos que pubricou a RFGF, pois tal e como aparece na foto parece que os ceenses de pasar xogaríanse un posto co campión da eliminatoria Lóstrego-Noia e as bergantiñistas coas que pasasen do Umia Rosalía, pero resulta que o cadro hai que miralo de maneira que o gañador do UC Cee-CD Bueu, verase as caras co gañador do Narón Bergantiños FC. Ata os propios clubes tiveron problemas de entendemento co primeiro cadro.

 

HORARIOS IDA DE SEMIFINAIS

-20/06/2021-

Hai que mencionar o malestar do horario para as rapazas do Bergantiños FC debido as distanzas a percorrer, antes e despois do encontro.

Lóstrego-Noia, ás 12:00 horas

Úmia CF “B”-EFF Rosalía, ás 18:00 horas

UC Cee-CD Bueu, ás 18:00 horas

SDC y R Narón Freixo-Bergantiños FC, ás 20:00 horas

 

-Foto : RFGF/Bergantiños FC

-Texto : RFGF/piratasdemuxia