E VIABLE QUE SE XOGUE ESTE ANO A “LVII COPA DA COSTA”?…ASÍ OPINAN OS ADESTRADORES.

 

Debido o parón no fútbol que estamos a vivir por mor do COVID-19 con tódalas ligas paradas e a excepción da 3ªda costa todas por acabar e en todas elas con moito por xogar. Campións, asensos, descensos, promocións, en maior ou menor medida en todas hai moito que decidir e o verán vense enriba e tendo en conta que esto vai para longo. Como decimos na 3ª da costa xa sabemos quen foi o campión, (FC Camariñas), e quen o acompaña a Liga d Costa 2020/21, (Outes F), pero falla por xogar a promoción na que hai inmersos 4 equipos, (SD Laxe, CD Nantón, UD Monte Louro e SD Camelle).

Collemos a 2 adestradores por categoría, das que hai equipos costeiros que xogarían a Copa da Costa, e démoslle un escenario para verter as suas opinións de se sería Viable que se xogara. Na Preferente Norte collemos a Ángel López, (SD Fisterra) e David González, (Xallas FC), ambos equipos asdups nas finais de Copa. Pola 1ªGalicia G2, collemos a Pablo Conde, (CF Dumbría) e Pedro Gómez, (SD Soneira), equipos tamén que saben o ue é xogar unha final nos derradeiros anos. Na Liga da Costa a Lelo, (Corme CF) e Geno, (SCDR Esteirana), tamén equipos finalistas, e no caso do esteirán, derradeiro campión), e na 3ª da Costa a Juan Porrúa, (UD Monte Louro) e José Manuel Ordóñez, ambos deberán enfrontarse da promoción da 3ª da Costa, polo que a Copa sería un incordio.

A todos eles propuxémoslle o seguinte escenario : “Na Preferente, o Fisterra está loitando polo ascenso, e Xallas por non descender. Na 1ª Galicia G2, loitando por todo Soneira e Dumbría e por non descender, Baio, Mazaricos e Volantes. Na Liga da Costa, Corme, Ponteceso e Esteirana loitan polo título e polo ascenso, e Muxía e San Lorenzo e ata poderían entrar Cee e Castríz, pola promoción. Loitando por non descender : Cerqueda, Cabana, Baiñas, Buño e Sp Zas e na 3ª da Costa, Louro, Camelle, Nantón e Laxe teñen a promoción. Se se xoga todo o que falta e tal como van as cousas,  e se se acabaran as ligas como se dixo en principio dende a RFGF, vendo este escenario…crees que se xogará a Copa da Costa…e porque crees que si ou que non?”.

 

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Tal como esta o conto, si se pode xogar, a prioridade sempre e é a liga. E para nós tamén, a ver si podemos aguantar a posición. Pero todo esta no aire”.

David González, (Xallas FC) : “Una pregunta complicada viendo la situación actual. Parece que Galicia estamos por delante en cuanto a menos contagios y muertes, y escuchando al presidente de la Xunta, su idea parece ser que es adelantar el fin del confinamiento con respecto a otras comunidades. Entonces aquí parece que no estamos sufriendo tanto, y se podría empezar a competir antes. A lo mejor antes es empezar en mayo/principios de junio, lo que vería complicado alternar las 2 competiciones con plenas garantías competitivas. Ahora soy entrenador de un equipo de Preferente y aunque me perjudique, por ejemplo tener que jugar sábado y domingo pues no me quejaría”.

Pedro Gómez, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Eu creo que é inviábel xogar a Copa este ano. Hai que mirar de rematalas ligas porque está ainda todo por decidir. E ainda así vai estar complicado, porque antes de finais de maio dubido que se poida volver reanudar todo. Con respecto á nosa liga, quedan ainda nove xornadas, e meteríaste xa no mes de xullo, co cal xa se solaparían esta temporada e a pretemporada seguinte. Polo tanto, na miña opinión, está a cousa cruda tanto para poder finalizar as ligas, como para incluso poñerse ca Copa”.

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Non sabemos, porque aínda non sabemos o que vai durar esta situación. Deso vai depender. Aínda quedan 2 meses de competición, e se se vai acabar esta tempada, non se sabe o que vai pasar a tempada que ven. Está claro de que, en caso que as datas non podan ser as necesárias, a Copa será o máis doado de suspender, porque aínda non comezou. Se finalizar esta tempada, vai modificar o plan de competición da tempada que ven, hai qué saber canto e como, e aí saberíase se podería entrar a Copa ou non”.

Geno, (Adestrador da SCDR Esteirana) : “Primeiro, penso que a prioridade tiña que ser rematar as ligas. Cando sexa. A tempada que ven xa se vería como organizala. No referente a Copa, si damos prioridade ao remate das ligas, unha posibilidade sería xogar entre semán; xoves, venres. E posible que moitos equipos non teñan plantillas longas para poder facelo, e non lles interesaría, a federación tería que sondear.
Desta maneira se podería reducir. Pero é unha simple idea. Tal e como está a situación a solución non é doada, van ter que darlle moitas voltas. A mín gustaríame que se xogara, pero véxoo moi difícil, por non decir imposible”.

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Copa si copa non? ….Buuff !!!…Bonita pregunta, quen soupera a resposta hoxe. A día de hoxe e obvio que non se pode contestar a esta pregunta, tan sencilla, pero tan complicada polos condicionantes que non controlamos. Supoño que a federación baraxara varios escenarios, dependendo de cando se poda xogar. E dependendo das datas tomarán unha decisión. Na miña humilde opinión, sempre que a saúde de todos este asegurada, deberíase de intentar terminar primeiro unha competición, antes de empezar outra. E digo esto sendo un amante da competición do “K.O.”,e sabendo que a Copa da costa é algo especial para todos. Pero a día de hoxe e falar sobre especulacións. O máis importante e sair deste pesadelo ben, e o fútbol, coma o resto das cousas, pasan a un segundo plano”.

José Manuel Ordóñez, 8Adestrador do SD Camelle) : “Penso que todo vai a depender de cando se poda empezar. Debera ter prioridade acabar as ligas, pois deso dependen os ascensos e descensos, e despois deso si dera tempo a disputar a Copa, ainda que fora xa todo a partido único. Pero como digo, si as condicións permiten iniciar a competición , tería para o meu enteder, finalizar ligas e fases de ascenso. En Inglaterra parece ser que no fútbol aficionado , quedan as ligas de este ano como non xogadas. Esperemos aquí, sempre que sanidade o permita, finalizar a temporada”.

Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Creo que non se vai poder disputar a Copa da Costa e incluso as ligas do futbol aficionado, “é unha verdadeira pena”. Ca situación actual e difícil de garantizar unha hixiene adecuada en todos os campos, tamén non se sabe cando se comenza os adestramentos, e adestrar con normalidade. Supoño que a federación nos proximos días daranos alguha información o respeto. As decisións que se tomen aceptarémolas, pero a situación esta complicada. Un saúdo para todos e vémonos nos campos”.

A nosa opinión : “Vese craramente que o fútbol aos políticos só lles interesa polos cartos e creemos que si se acabarán a !ª e 2ªDivisión por mor das televisións e casas de apostas. Creemos que 2ª B e 3ª División quedarán como están e non habera nen ascensos nen descensos e no resto si se acabarán as ligas, pero as copas parécenos que son todas invibles, xa que no fútbol afeccionado a grande maioría de equipos non terían xogadores para completar as palntillas, se se quixeran xogar encontros no medio da semana, e no fin de semana no verán sería imposible. Se se levase a cabo a pesares de todo estaría totalmente desbirtuada e sería unha pantomina, nada que ver co que é a Copa, tanto no caso da da costa, a de maior seguimento, coma a do Sar, a da Coruña, etc, e ainda indo máis lonxe as de outras categorías oudeportes”.

A opinión dos adestradores é única, persoal e intrasferible, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable do vertido nelas e agradece enormemente a colaboración.

 

CADRO “LVII COPA DA COSTA”

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/adestradores.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies