DURO CORRECTIVO DO VIAXES AMARELLE B AO FISOBER, (7-2), NA 6ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

VIAXES AMARELLE B 7-2 FISOBER F.S.F.

AMARELLE B: Aida, Marta, Carla, Mónica, Laura ; Tamén xogaron: Nerea, Ana, Cris, Nuria, Sara.

FISOBER: Sharay, Adriana, Paula, Ana, Nuriña, Tamén xogaron: Carre, Lucía Martínez, Sarai, Uxía, María Dumbría,Lucía Canosa.

ÁRBITROS: Jose Manuel Juncal, Berta García.

GOLES: 1-0 min 10 Cris, 2-0 min 16 Marta, 3-0 min 16 Cris, 3-1 min 18 Uxía, 4-1 min 18 Marta, 5-1 min 19 Carla; (descanso), 6-1 min 31 Laura, 6-2 min 32 Paula Fandiño, 7-2 min 38 Mónica.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 6ª xornada de liga disputado na tarde do domingo no P.M. Sagrada Familia de A Coruña.

CRÓNICA

O Fisober segue sen puntuar a domicilio e caeu con contundencia ante o filial viaxeiro.

A pesares do abultado do resultado non comezou mal o Fisober a primeira ocasión costeira foi para a capitana Ana. Respostaba o Amarelle facendo intervir a Sharay.

Despois dun saque de esquina Ana mandaba o balón ao longueiro.

Mediada esta primeira metade abría o marcador o conxunto local cun tiro exterior de Cris.

Un roubo a media pista remataba cunha ocasión de Adriana. Un centro de Paula que peinaba Ana era despexado pola porteira local.

Un roubo das locais en tres cuartos de pista remataba co gol de Marta para facer o segundo. E case na seguinte xogada facía o terceiro o conxunto local.

Sarai tentou reducir distanzas pouco despois. Unha xogada de Paula era rematada por Uxía no segundo pau para facer o gol visitante.

Pero pouco lle durou a ledicia as costeiras xa que antes do tempo de lecer chegaron dous novos goles locais.

O inicio da segunda metade foi cunha nova ocasión para as locais. Para as que respostaba Adriana cunha ocasión. Despois era Paula de falta a que poñía a proba a porteira local. Dominio das visitantes pero con pouca profundidade.

Sharay fai unha dobre parada pero non é quen de facer a terceira e chega o sexto gol local.

Unha xogada individula de Lucía Canosa finaliza cun remate de Adriana con parada local. Quen si acadou o gol foi Paula tras un roubo e con vaselina para finalizar.

Sharay tiña que intervir novamente, pero pouco despois non podía evitar un novo gol local.

A última do partido foi para Paula Fandiño.

A vindeira semana o Fisober recibe ao Concello de Begonte.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad