DURO COMUNICADO PROTESTA DO EMF VIMIANZO CONTRA A RFGF

FÚTBOL BASE DA COSTA

Pais e nenos do EMF Vimianzo secundando a protesta.

 

O EMF Vimianzo amenaza con abandoar a liga benxamín da Federación se non se lle deixa xogar a Copa da Costa como o gañou no terreo de xogo

 

 
 Xa volo contábamos onte tras ser os rapaces do EMF Vimianzo Benxamín campións do Grupo 5º da 1ª Autonómica Benxamín, que os técnicos do clube vimiancés, un dos máis sobranceiros do fútbol base da costa, andaban ca “mosca” detrás da orella de que cabía e parece ser que cabe a posibilidade de que non selles permita xogar a Copa da Costa Benxamín. Nestes intres hai dous grupos de equipos que estabán xogando encontros clasificatorios para a susodita Copa. Equipos das outras ligas que xa acabaron fai máis dun mes e aos que se lles fixo estas liguiñas para telos competindo. A liga do Grupo 5 que comezou máis tarde, acabou onte co EMF Vimianzo campìón cos 10 encontros disputados gañados e xa onte nos decía Paco Oreiro que : “Debido a unha disputa entre intereses federativos ponse en duda a nosa participaciòn na pròxima Copa da Costa”, hoxe co apoio dos pais dos rapaces, van máis alá e fannos chegar un duro comunicado contra a Federación, (no ámbito do fútbol e do futsal), polo agravio que se pretende facer cos rapaces e amenazan con deixar as ligas da RFGF xunto con varios equipos máis se non lles permiten xogar a copa : “Como xa pasou no pasado ata que nos volveron a “embaucar”  desde o ente federativo”, rematan decindo no comunicado. Incomprensiblemente datopuse para o mesmo día, (11 de Maio), a disputa da Copa e do Campionato Provincial, inmerso o equipo vimiancés en ambos…Abre a nova ao completo para ver o comunicado que nos envía o clube.
 
COMUNICADO EMF VIMIANZO
 
“Ante a posibilidade de non poder participar na próxima Copa da Costa Benxamín ou no Campionato Provincial Benxamín, ambos designados para a mesma data, (primeira vez que ocorre), 11 de Maio, debido o enfrontamento e a incompetencia de dous estamentos representados por Manolo Corredoira, Subdelegado da Federación na costa e Manuel Fontenlos, Delegado do Fútbol Sala na Costa, mostramos a nosa máxima indignación e repulsa, no cal se podería privar a 12 nenos, do traballo e a ilusión de toda unha tempada, na que gañaron  a sua clasificación nos terreos de xogo, por unha loita nos despachos, lamentable e bochornosa. De consumarse tal esperpento non descartamos na próxima tempada, abandonar dita Federación como xa pasou no pasado ata que nos volveron a “embaucar”  desde o ente federativo”.
 
Email para aludidos : info@piratasdemuxia.es
 
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-