DUMBRÍA-SOFÁN SERÁ A FINAL DA “COPA DA COSTA XUVENIL”.

 

 

Na tarde do venres xogábanse as semifinais da Copa da Costa Infantil nas que o Dumbría derrotaba ao Sofán por 3-0 e o Cee e o Coristanco empataban a uns, (1-1), e nos penaltis os da Terra da pataca acadaban o pase a final por 4-5 e na tarde do venres era o turno da primeira semifinal dos xuvenís e nela o Dumbría goelaba ao Baio por 4-0 con goles de Hugo, (15´), Álvaro, (38´) Pablo, (68´) e Iago, (73´). A outra semifinal xogábase na tarde do sábado e nela o Cabana recibía ao Sofán. A primeira metade era igualda e íanse os vestiarios ca vitoria parciál dos sofanistas nun choque no que adiantaban os cabaneses por medio de Pablo Leis, (2´), e remontaba antes da media hora o Sofán con goles de Lucas, (14´e 29´). Na segunda metade as cousas xa se clarificaron para os carballeses e Lucas poñía terra de por medio aos poucos do reinicio, (50´), e Miguel, (58´) e Daniel, (68´) xa sentenzaban. Pablo Leis maquillaba o resultado a falla dun cuarto de hora para a final.

Polo tanto Dumbría-Sofán será a finalísima dos xuvenís. O Dumbría se pode esta mañán poñer o seu equipo na final de cadetes poderá presumir do seu gran momento, (que xa o é sen eso), tendo un finalista en cada unha das finais desde infantís ata senior, así coma no feminino senior.

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies