Dumbría en homes e Xallas en mulleres son os campións da Copa da Costa.
A RFGF sorteou as semifinais da Copa Deputación da Coruña, nas que entraron no bombo os campións das 4 copas da provincia, o CF Dumbría entrou como campión da “LIX Copa da Costa”, e o Xallas FC, como campión da “Copa da Costa Feminina”, da que se xogou a cuarta edición dende que a orgañiza a Federación Galega de Fútbol.
Os dumbrieses tocoulles en sorte o SD O Val, e as xalleiras o Victoria CF B. Os encontros xogaranse o vindeiro Domingo 16 de Xuño no Municipal Río Seco, de Narón. No caso que os equipos costeiros pasen as finais estas serán no mesmo escenario o sábado 22 de Xuño.
No caso de que calquera dos nosos equipos gañase a final ademáis do trofeo coma campións de campións de copa da provincia coruñesa, terán como premio ir a Fase Final da Supercopa de Galicia que disputarán os campións das 4 provincias e que da acceso a Fase Previa da Copa do Rei da vindeira tempada.
-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”