DUMBRÍA EN HOMES E XALLAS EN MULLERES, FORA DAS FINAIS DA “COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA”, XOGARÁN SÁBADO POLO 3º POSTO.

O Dumbría vendeu caro o pase.

 

Tal e como vos informamos durante a pasada semana, o pasado Domingo o CF Dumbría como campión da Copa da Costa masculina, e o Xallas FC como campión da feminina, xogaban as semifinais da Copa Deputación de A Coruña-. Os dumbrieses xogaban ante o SD O Val, e as xalleiras ante o Victoria CF B.

Os de Dumbría empataban a ceros no tempo de xogo do encontro e nos lanzamentos de penalti caían por 3-2. Pola sua banda as xalleiras que chegaban con 13 xogadoras, caían no tempo de xogo por 5-0.

O CF Dumbría xogará o vindeiro sábado polo 3º posto, (12:30 horas), ante o Sigüeiro FC, que caía na outra semifinal ante o SD San Tirso, tras empatar no tempo de xogo a dous, (2-2), e caer nos penaltis 5-4.

O Xallas FC xogará tamén o sábado, polo 3º posto, (10:00 horas), co SD O Val, que na outra semifinal caía por 1-2 ante o EFM Concello de Boiro.

As finais serán Victoria CFB-EFM Concello de Boiro, (16.30 horas), nas mulleres, e SD O Val-SD San Tirso en homes, (19:00 horas), antes xogarase o 2º-4º posto, tódolos encontros no Municipal “Río Seco” de Narón. O campión provincial na categoría masculina tamén terá como premio clasificarse para a Fase Final da Supercopa Galicia que disputarán os catro campións provinciais e que da acceso á Fase Previa da Copa do Rei da vindeira tempada.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies