Tal e como vos apuntamos na previa había un encontro adiantado o xoves nos Oitavos de Final da Copa da Costa Cadete, o que enfrontaba ao Fisterra e o Dumbría e no que Mario, (2´) e Pablo, (29´), poñían o 0-2 na primeira metade. Xa na segunda Adrián, (62´), e Iago, (67´), completaban a goleada para pasar a Cuartos de Final. Durante hoxe, mañán e pasado xogarase o resto de encontros para completar os Oitavos de Final. Tedes no cadro toda a información de horarios, datas e enfrontamentos.
Nos infantís xogouse o Dumbría-Cabana no día de onte e o resto de encontros de Cuartos de Final xogaranse mañán sábado. No encontro xogado no Conco os dumbrieses derrotaban aos cabaneses por 3-0, nun choque no que Fran Mazorra poñía por diante aos de Dumbría aos 18 minutos de xogo, para 4 minutos despois repetir para o 2-0. Ronald no 63 facía o definitivo 3-0, para completar o pase a Semifinais.
Fase de ascenso a Liga Galega Infantil
O Outes FC, que é o noso representante, xogará hoxe venres 24 de maio no campo “A Merced” de Conxo, (Santiago), ante o CD Conxo Santiago B. O choque comezará ás 19:30 horas e estará arbitrado por Gustavo Vidal Fonseca, con Rodrigo Brey e Adrián García, nas bandas.
Na Copa da Costa Xuvenil xogáronse dous encontros, tal e como xa vos aputábamos na previa. O Dumbría pasaba nos penaltis, (4-2), ante o Outes, e o Fisterra goleaba a Esteirana. mañán xogarase outro dos encontros destes Cuartos de Final e o encontro antre Xallas e Corme queda para o xoves 30, debiodo a que os xalleiros xogan mañán o encontro da ida de semifinais da Fase de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, no que visitan o Amio SD a partires das 18:00 horas no Municipal do Sergas, de Amio.
-Foto Dumbría Cadete : Huelbis
-Foto montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”