DUMBRÍA-CORISTANCO SERÁ A FINAL DA “COPA DA COSTA INFANTIL” E HOXE SABEREMOS AS DE XUVENÍS E MAÑÁN OS CADETES.

Tal e como vos avanzábamos onte na “AXENDA PIRATA” do fútbol base os dous encontros da Copa da Costa Infantil xogábanse na tarde do venres e neles o Dumbría derrotaba ao Sofán por 3-0 con goles de Manuel, (46´), Marcos, (49´) e de novo Manuel, (68´), para meterse na Gran Final do vindeiro 21 de Xuño, (se todo sigue coma o día do sorteo). Na outra semifinal enfrontábanse o Cee e o Coristanco e empataban a uns, 81-1), polo que había que ir a tanda de penaltis. No encontro adiantábanse os da Terra da pataca aos 7 minutos de xogo cun tanto de Adrián Villar e non era ata o 55 cando Álex Picallo igualaba de penalti para os ceenses. Na lotaría dos penaltis gañaban o pase a finalísima os coristanqueses por 4-5.

Para hoxe temos os 2 encontros de semifinais da Copa de Xuvenís e mañán pola mañán os dous de cadetes. Nos cadros tedes os enfrontamentos e horarios.

 

 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies