Por primeira vez o Campo de Slalom de O Couquiño acollera unha competición da máxima
categoría nacional, e que repartirá plazas para os campionatos de europa Junior e Sub23.
A actividade e o recoñecemento de o Campo de Slalom de o Couquiño en Dumbría coma un
dos emplazamentos do slalom galego siguen medrando, acollendo por primeira vez na
historia unha competición en Galicia que asignará plazas directamente para disputar co
Equipo Nacional de Slalom os Campionatos de Europa Junior e Sub-23.
A proximidade cos Xogos fai que, dos que nos van representar en París, únicamente se
espere a presencia da canoista vasca Milen Lazkano, Campeona de Europa no ano 2021, e
que defenderá as cores de España na competición de C1 Femenino. Mesmo así o nivel da
competicion vai ser altísimo, ca presencia dos clubes máis importantes de España e a selección de Portugal.
O programa provisional para este fin de semán, a falta de coñecer a lista de inscritos é o
seguinte:
Venres 12 de xullo: Entrenos a partir das 4 da tarde.
Sabado 13 de xullo: 10:00 Semifinais
16:00 Final Competición Sábado.
Domingo 14 de xullo: 9:00 Semifinal
13:00 Final Competición Domingo.
A proba sae adiante grácias á colaboracion imprescindible do Concello de Dumbría, e da
empresa Xeal, que aportará o caudal imprescindible para o desenrolo da prroba, e dos
veciños de Olveira que ceden as fincas para o perfecto desenrolo da proba.
-Foto e texto : Prensa CDM Piragüismo Dumbría