CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
O fin de semana ven marcado pola noticia de que catro dos nosos xogadores adestraran este luns no Polideportivo de Guitiriz coas Seleccións galegas infantil e alevín de fútbol sala.
Selección Alevín:
Raúl Lema Díaz (Muxía)
Selección Infantil:
Pablo Costa Carabel (Dumbría)
Adrián Trasmonte Baña (Corcubión)
Iago Insua Casais (Fisterra)
No tema deportivo so competiron os conxuntos masculinos, aproveitamos tamén para incorporar os datos do partido da semana pasada do cadete masculino.
Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte o pasado día 13 o Fisober visitaba ao Colexio Liceo dentro da 19ª xornada de liga no P. do Liceo La Paz con triunfo por dous a seis para os costeiros.
Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Javi, Adan, Iago Larrañaga, tamén xogaron: Adrián, Leo, Álex, Eloy Sambad.
Os goles foron obra de Adan en dúas ocasións, Eloy Sambad, Leo, Álex, Pablo Costa.
Os colexiados foron Nicolás Villegas e Maryluz Mendoza.
Na tarde deste sábado nesa mesma Liga Galega Cadete Masculina Grupo Norte o Fisober recibía a visita do Stellae – La Hacienda House.com nas ID de O Conco en Dumbría e dentro da 20ª xornada de liga con triunfo para os visitantes, segundos clasificados, por cero a tres.
Polo Fisober formaron: Brais, Javi, Álex, Adan, Iago Larrañaga; tamén xogaron: Adrián, Martín, Pablo Costa, Leo.
Os colexiados foron Jairo Mosteiro e David Miras.
A vindeira semana o Fisober visita ao SDCR Narón O Freixo.
Na Liga Galega Infantil Grupo Norte polo título o Fisober recibía na tarde do domingo nas ID de O Conco en Dumbría ao Colexio Liceo
Polo Fisober formaron Miguel , Pablo Costa, Gabriel, Iago Insua, Adrián, tamén xogaron: Manuel, Pablo Taboada, Eloy Figueroa.
Os goles costeiros foron obra de Iago en dúas ocasións, Gabriel, Pablo Taboada, Adrián.
Os colexiados foron Carlos González e Vanesa Varela.
A vindeira semana o Fisober recibe a visita do Tipsa O Parrulo.
-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis sambad