DUAS VITORIAS E UN ENCONTRO APRAZADO NOS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER FSF.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER FSF

Antes de nada mandar o noso máis sentido pésame a familia de Lucas, e tamén un forte abrazo ao Corme C.F. , coma a Subdelegación de árbitros da Costa por tan dolorosa perda.

Cadete Feminino

No puramente deportivo ao final suspendeuse o partido a domicilio do cadete feminino que se xogará en principio durante a vindeira semana, polo tanto quedarón o dobre enfrontamento dos masculinos co Ribeira en Dumbría.

Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte fase polo título e dentro da segunda xornada o Fisober recibía nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Ribeira F.S. eran os que iniciaban a tarde do sábado de partidos para pechar o 2021, con resultado de catro a un a prol dos costeiros.

Polo Fisober formaron: Miguel, Adrián, Pablo Taboada, Iago Insua, Pablo Costa; tamén xogaron: David, Manu, Gabriel, Eloy Figueroa.

Os goles costeiros foron obra de Pablo Taboada, Adrián, Gabriel e Pablo Costa.

Os colexiados foron Carlos González i Elvis Rodríguez.

O vindeiro encontro xa por 2022 será visitar ao Transricard Distrito Ventorrillo.

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte e dentro da 13ª xornada o Fisober tamén recibía nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Ribeira F.S. B , tamén no seu último partido do 2021, con resultado de sete a dous a prol dos costeiros.

Polo Fisober formaron: Brais, Javi, Leo, Álex, Iago Larrañaga, tamén xogaron: David, Martín, Pablo Costa, Eloy Sambad, Adan.

Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa en dúas ocasións, Eloy Sambad, Iago Larrañaga, Javi, Adan, Martín.

O vindeiro partido xa en 2022 será a visita ao Imafer O Parrulo B.

En principio o día 23 disputarase o partido da Liga Galega Cadete Feminina do Fisober na súa visita ao líder Castro para pechar o 2021 para a familia do Fisober.

Dende aquí queremos desexar un Bo Nadal e unha boa entrada no 2022 e con moita saúde para toda a Familia Fisober, os que nos seguides e apoiades cada semana e para todo o mundo en xeral. FELICES FESTAS.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad