DUAS VITORIAS E DUAS DERROTAS NA FIN DE SEMANA NOS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER FSF.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Novo fin de semana para as categorías inferiores do Fisober, na que voltaba a competición o conxunto cadete feminino con dobre saída, no que queremos desexarlle unha pronta recuperación para a súa xogadora Yaiza xa que se confirmou a súa lesión de xeonllo.

Na Liga Galega Infantil Masculina dentro do grupo Norte A e dentro da 9ª xornada o Fisober visitaba ao SDCR Narón o Freixo no P.M. As Lagoas de Narón na mañán do domingo conseguindo o triunfo o Fisober por un a catro.

Polo Fisober xogaron: David, Adrián, Pablo Taboada, Iago Insua, Pablo Costa; tamén xogaron: Miguel, Gabriel, Eloy Figueroa.

Os colexiados foron: Juan Ramón Juan, David Montoya.

Os goles costeiros foron obra de Adrián en dúas ocasións, Iago Insua e Pablo Costa.

A vindeira semana para rematar a primeira fase o Fisober recibe ao Hércules.

Na Liga Galega Cadete Masculina dentro do grupo Norte e dentro da 10ª xornada de liga o Fisober recibía nas I.D. de O Conco en Dumbría ao conxunto de Os Meigallos na tarde do domingo conseguindo o triunfo os costeiros por catro a un.

Polo Fisober xogaron: Brais, Martín, Pablo Costa, Álex, Iago Larrañaga, tamén xogaron: Leo, Eloy Sambad, Javi, Adan, Adrián, Iago Insua.

Os colexiados foron : Pablo Gondelle, Alberto Sabel.

Os goles costeiros foron obra de Iago Larrañaga e Pablo Costa en dúas ocasións ambos.

A vindeira semana o Fisober visita ao Troula Betanzos.

Na Liga Galega Cadete Feminina o Fisober tiña unha dobre xornada inmerso nunha praga de baixas e moi xusto de efectivos e nos dous partidos aínda acumulaba máis baixas.

Caía na súa visita do venres noite fronte ao Viaxes Amarelle no P.M. Sagrada Familia de A Coruña.

Tamén o facía na visita ao Error-Ferrol A Fervenza Narón no P. As Lagoas de Narón. Partidos nos que debutaban Arantxa ou Paula na categoría, e nos que tamén contaron Laura ou Lara que tamén caeron lesionadas, Claudia, Noa ou Sabela.

A vindeira semana o Fisober recibe ao Pescados Rubén Burela.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad