DÚAS MEDALLAS PARA OS DEPORTISTAS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA NA “TAÇA IBÉRICA DE SLALOM”, DISPUTADA EN PORTUGAL.

Brais Sánchez no C1 Cadete, en acción.

A pasada fin de semán os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría tiñan unha cita no
país veciño, na Taça Ibérica, que reune ós mellores na vila de Covas, no municipio de
Vilanova de Cerveira, clubes de Portugal e Galicia, así coma con algunha participación de algún deportistas doutras comunidades, coma os do CAR de León.

O CDM Piragüismo Dumbría acudía co sete deportistas. O percorrido, nun tramo adecuado do Río Coura, non ten excesiva dificultad nin caudal, pero foi complicado polos trazadores.

Isto sumado ó alto nivel da proba, fixo que nin Sara Romar e Mariña Suárez fosen quenes de pasar o corte no K1 cadete femenino. Tampouco o lograron Xesus Pena e Xián Caamaño no K1 cadete, lograndoo Marco Oreiro no C1 senior, Brais Sánchez no C1 Cadete e Martin Romar no K1 Cadete.

 

Brais, (1ºesq), no podium.

 

Martín, (1ºder), no podium.

 

Marco Oreiro caiu na ronda de semifinais, e nas finais, tanto Martin Romar coma Brais
Sánchez lograron subir ó podium con sendas medallas de bronce, logo dunha competición na que en tódalas rondas estiveron entre os tres mellores da categoría.

A vindeira cita dos padeixeiros do CDM Piragüismo Dumbría e xa en apenas un mes, coa
proba inaugural da Copa de España de Slalom.

-Foto e Texto : CDM Piragüismo Dumbría