DUAS DERROTAS E UNHA VITORIA PARA OS EQUIPOS DE BASE DO FISOBER FSF NA PASADA XORNADA.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Na Liga Autonómica Cadete Feminina e dentro da segunda xornada do grupo Norte o Fisober recibía na tarde do venres Santo nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Error Ferrol A Fervenza. O resultado foi de tres a cero a prol das costeiras.

O Fisober formou con : Sharay, Lucía Martínez, Lucía Rodríguez, Saray e Lucía Canosa; tamén xogaron: Uxía, Pauliña, Laura, Ruth e Nerea.

Os goles foron obra de Lucía Martínez en dúas ocasións e Lucía Canosa.

Os colexiados foron Rafael Alberto Tovar Rodríguez e Jorge Fernández Lojo.

A vindeira seman visitarán ao Ribeira-Lieders.

Na Liga Autonómica Infantil Masculina e dentro da segunda xornada no grupo Norte C 1ª fase o Fisober recibía na mañá do venres Santo nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Imafer O Parrulo. O resultado foi de dous a oito a prol dos visitantes.

O Fisober formou con : Brais, Pablo, Julián, Suso e Iago; tamén xogaron : David, Adrián, Javi Lema, Alex, Javi Blanco.

Os goles costeiros foron obra de Álex e Javi Lema.

Os colexiados foron Jairo Mosteiro Varela e Pablo Gondelle Seoane.

A vindeira semana visitarán ao Troula Betanzos.

Na Liga Autonómica Cadete Masculina e dentro da segunda xornada no grupo Norte D 1ª fase o Fisober visitaba na tarde do domingo no P. do Ventorrillo ao Academia Red Blue 5 Coruña en partido que de adiantou ao horario previsto e que foi televisado polas redes sociais do conxunto local. O resultado foi de once a dous a prol dos locais.

O Fisober formou con: Ángel, Adan, Pablo, Manu e Martín; tamén xogaron: Diego, Carlos, Leo, Mario e Javi Blanco.

Os goles costeiros foron obra de Carlos os dous.

Os colexiados foron Jose Manuel Jucal e Javier Estévez.

A vindeira semana reciben ao Stellae Zimal.

-Foto : Fisober FSF

-Texto : Luis Sambad