CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Novo fin de semana para as categorías inferiores do Fisober.
Na Liga Galega Cadete Feminina no seu grupo Norte o Fisober recibía ao Ribeira-Lieders dentro da 3ª xornada nas I.D. de O Conco na tarde do sábado con triunfo visitante por cero a cinco.
Polo Fisober xogaron: Laura, Ruth, Claudia, Noa, Sabela; tamén xogou Lara.
Os árbitros foron : Carlos González e Saúl Cabo.
O vindeiro partido o Fisober recibe ao Castro en Dumbría, pero será o fin de semana do 7 de novembro, este fin de semana non hai liga xa que o luns hai concentración da liga xuvenil.
Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte o Fisober recibía ao SDCR Narón O Freixo dentro da 6ª xornada nas I.D. de O Conco na tarde do sábado con triunfo visitante por catro a sete.
Polo Fisober xogaron: Brais, Javi, Álex, Adan, Iago Larrañaga; tamén xogaron: David, Adrián, Pablo Costa, Leo, Eloy Sambad.
Os goles costeiros foron obra de : Alex en dúas ocasións, Iago Larrañaga i Eloy Sambad.
Os árbitros foron : Saúl Cabo e Carlos Gonzalez.
A vindeira semana o Fisober visita ao Academia 5 Coruña B.
Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte A o Fisober visitaba ao AJ Pombo Hércules dentro da 5ª xornada no P.M. Barrio das Flores de A Coruña na tarde do domingo con triunfo visitante por un a cinco.
Polo Fisober xogaron: David, Adrián, Pablo Costa, Eloy Figueroa, Iago Insua; tamén xogaron: Miguel, Gabriel, Pablo Taboada.
Os goles costeiros foron obra de : Iago Insua en dúas ocasións, Pablo Taboada, Gabriel e Pablo Costa.
Os árbitros foron : Samuel Mouro e Dayanna Mendoza.
A vindeira semana o Fisober visita ao líder o Colegio Liceo.
-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad