LALIGA confirmou os horarios das 3 primeiras xornadas da Primeira División 2026/27 e o Depor estrearase en Riazor o luns 17 de agosto a partires das 21:00 horas recibindo ao Elche CF.
Na segunda xornada o Depor visitará ao recén ascendido Málaga CF e será o luns 24 de agosto a partires das 21:30 horas na Rosaleda.
No terceiro encontro de liga os nosos reciben en Riazor ao Valencia CF e será o Domingo 30 de agosto a partires das 19:30 horas.
Nada ben os horarios para a xente traballadora pois nen todo mundo ten vacacións, nen axuda para nada aos desprazamentos.
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
