CATEGORIAS INFERIORES FISOBER
Entraba en liza un novo conxunto do Fisober este fin de semana de ponte, que era o cadete feminino, dous empates e unha derrota foi o saldo final. Recordamos que si calquera nena ou neno quere desfrutar do fútbol sala, seguen as portas abertas.
Na Liga Galega Infantil Masculina Grupo Norte A O Fisober recibía na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría ao ADC Lugo Sala Acasti Reformas, con igualada a tres tantos como resultado final.
Polo Fisober xogaron: David, Adrián, Pablo Costa, Gabriel, Iago Insua; tamén xogaron: Manu, Dani, Pablo Taboada, Eloy Figueroa.
Os goles costeiros foron obra de Pablo Taboada, Dani, Pablo Costa.
Os colexiados foron Adán Cabo e Saúl Cabo.
A vindeira semana o Fisober recibe a SDCR Narón O Freixo.
Na Liga Galega Cadete Masculina Grupo Norte o Fisober recibía na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Colegio Liceo, con igualada a dous tantos como resultado final.
Polo Fisober xogaron: Brais, Javi, Leo, Álex, Adan; tamén xogaron: David, Eloy Sambad, Pablo Costa, Adrián, Martín.
Os goles costeiros foron obra de Leo e Pablo Costa.
Os colexiados foron Saúl Cabo e Adán Cabo.
A vindeira semana o Fisober visita Padrón fronte ao Stellae.
Na Liga Galega Cadete Feminina Grupo Norte o Fisober recibía na tarde do luns nas I.D. de O Conco en Dumbría ao ErrorFerrol A Fervenza Narón dentro da xornada inagural, con triunfo visitante por cero a dous.
Polo Fisober xogaron: Laura, Ruth, Yaiza, Noa, Claudia; tamén xogaron: Sabela, Lara.
Os colexiados foron Jorge Fernández e Vanesa Varela.
A vindeira semana o Fisober visita ao Pescados Rubén Burela.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad