DOR E LOITO EN PIRATASDEMUXIA.ES POLO PASAMENTO DO NOSO GRAN COLABORADOR…PEDRO PAZOS…D.E.P.

Nin acostumamos a poñer nin nos gustan como a cada quen pero hoxe en lugar dunha crónica “quentiña” como nos soía dicir temos que dar a triste nova e triste día o de hoxe co pasamento do merexán Pedro Felipe Pazos, o noso gran amigo e gran colaborador da web en eventos culturais e sobre todo no Judo. Pai da excelente iudoca Lucía Pazos Trillo e fillo do gran acordeonista de Merexo, (Muxía), Pazos, (e tamén pai do seu sucesor), revitalizador da Danza das Espadas de Quintáns, primeiro danzante, espadachín e despois mestre das novas camadas. Un home sempre unido a cultura e o deporte, deixounos tras loitar varios anos coa dura enfermidade que nos toca a todos máis preto, ou ao noso carón…Alá arriba chega unha gran persoa, un mestre máis en diferentes modalidades…D.E.P.

P.D. : Será velado desde hoxe no tanatorio de Muxía.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”