DONDE COMER UN BO CENTOLO EN MUXÍA.

Este exemplar xa pasou a mellor vida na “Casa do Peixe”.

 

A irrupción do Parador en Muxía trouxo consigo un salto do 1000% na hostalaría da Vila da Barca en calidade e cantidade. Está de moda vir xantar ou cear tanto o Parador coma aos locais da localidade e poden degustarse tanto en restaurantes coma bares manxares do noso mar coma da nosa terra e ata carnes exóticas. Aquí vos recomento un locais os que podes ir a degustar unha boa centola/o que son clientes nosos e algún ademáis colaborador da nosa web. Neles podes ademáis degustar diferentes tipos de mariscos e pescados da nosa costa e da nora ría, así coma doutras de Galicia, especímenes coma, boi, langosta, lumbrigante, santiaguiños, (en Muxía parapetos), nécoras, (en Muxía nacras), camarón, cigalas, gambas, percebes, e todo tipo de mariscos con cuncha, como ameixas, zamburiñas, berberechos, navallas, longueirónsetc…Algúns deles segundo temporada ou existencias. Ademáis de todo tipo de pescados, uns traballan só varios tipos, e outros os que haxa de temporada. 

As nosas recomendacións para disfrutar dunha boa centola/o, agora que está en temporada e en bo comer durante varios meses,son os restaurantes, “A Casa do Peixe”, “Son de Mar”, “A Pedra d´Abalar”, A Lonxa d´Álvaro”, e por encargo, (no caso da centola/o), “A Plaia das Lanchas” e “A AlemAna”. Locais cun trato excelente e unha calidade extraordinaria nos que podes degustar os manxares elaborados de diferentes maneiras.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”