DOBRE CITA HOXE E MAÑÁN PARA O LARACHA CF : “HOXE RECEPCIÓN NO CONCELLO COMO CAMPIÓNS DA COPA DA CORUÑA E MAÑÁN XOVES PRESENTACIÓN DO NOVO ADESTRADOR”.

O Laracha CF alzou a Copa en Riazor.

 

O Laracha CF campión da “LXXXIV Copa da Coruña” de fútbol afeccionado tras derrotar nos penaltis ao Club do Mar de Caión, ten unha dobre cita no día de hoxe e mañán xoves. Hoxe será recibido no Concello da Laracha como campión da Copa, e mañán xoves no Municipal da Laracha, a presentación do novo adestrador, alguén moi coñecido no fútbol das Mariñas e da Costa.

José Manuel López, alcalde do Concello da Laracha, recibirá ó noso primeiro equipo na casa consistorial mañá, mércores 22 de xuño, nun acto que está previsto para as 21:00 horas trala consecución da Copa da Coruña.
O Laracha CF proclamouse campión da Copa da Coruña ó pasado venres 17 de xuño nunha final disputada no Estadio Municipal de Riazor ante o Club do Mar de Caión, nun derbi histórico do Concello da Laracha.
O equipo conquistou o título na tanda de penaltis despois do 1-1 ó final dos 120 minutos reglamentarios. Alberto Díaz ‘Totó’ foi o autor do gol do Laracha no primeiro tempo.
Con este acto na Casa do Concello, o primeiro equipo do Laracha dará por finalizada a tempada 2021/22.
Presentación do novo adestrador
A Xunta Directiva do Laracha CF presentará este xoves 23 de xuño ó novo adestrador do primeiro equipo para a próxima tempada. Será no Municipal da Laracha ás 20:00 horas. Están convidados todos os medios que desexen asistir e, en caso contrario, poderán contar con material gráfico que será facilitado por este mesmo medio.
-Foto : DXT Campeón
Texto : piratasdemuxia/Comunicación Laracha CF

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies