DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS, (21ª Xda) : “Paso de xigante do San Ramón hacia o título ca derrota do San Román”.

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

21ª Xornada

Domingo 01/03/2026

Atlético Carballo SD 2-1 SCD Buño

SD Oza 5-1 ADCV Ponteceso

Veteranos Dumbría 3-2 ACD San Román

ACD San Ramón 3-0 SD San Lorenzo

Club Deportivo Razo 3-3 Soneira Veteranos

SD Castriz 1-5 CF Cances

Sporting Zas 0-0 SD Coristanco

 

CRÓNICA

A División de Honra de Veteranos continúa achegándose ao seu tramo final cunha xornada chea de goles, empates igualados e movementos importantes na zona media da táboa, mentres o liderado segue firmemente nas mans do ACD San Ramón, máis lider trala derrota do San Román a mans do Dumbría.

O líder non fallou e impúxose con autoridade ao SD San Lorenzo (3-0), aumentando así a súa vantaxe no máis alto da clasificación con 7 puntos sobre o segundo con 15 por disputar, xa que non puido sumar o seu inmediato perseguidor, o ACD San Román, que caeu nun partido moi disputado ante o Veteranos Dumbría (3-2), resultado que o mesmo tempo permite aos dumbrieses consolidarse na zona tranquila e mirar cara arriba.

O Atlético Carballo continúa coa súa boa dinámica tras superar pola mínima ao SCD Buño (2-1), mantendo presión sobre os postos de cabeza. Pola súa parte, o CF Cances protagonizou unha das vitorias máis contundentes da xornada ao vencer con claridade ao SD Castriz (1-5), achegándose aos primeiros postos.

Un dos encontros máis entretidos disputouse en Razo, onde Club Deportivo Razo e Soneira Veteranos empataron nun vibrante 3-3 que deixa a ambos equipos na zona media da clasificación, sen grandes cambios pero sumando nun duelo aberto.

Na zona baixa, o SD Oza logrou unha importante vitoria fronte ao ADCV Ponteceso (5-1), para afastarse do descenso, mentres que Sporting Zas e SD Coristanco repartiron puntos nun empate sen goles (0-0) que sabe a pouco para ambos conxuntos.

.

Clasificación 

1º ACD San Ramón : 46

2º ACD San Román : 39

3º Atl. Carballo : 38

4º Sporting Zas : 38

5º CF Cances : 37

6º Vet. Dumbría : 34

7º Razo : 28

8º Soneira Vet. : 26

9º San Lorenzo : 23

10º SD Oza : 23

11º SD Castriz : 22

12º SD Coristanco : 15

13º ADCV Ponteceso : 14

14º SCD Buño : 12

 

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

22ª Xornada

Domingo 08/03/2026

SD San Lorenzo  Veteranos Dumbría, ás 90:45

ADCV Ponteceso – Soneira Veteranos, ás 10:00

Atlético Carballo SD – SD Oza, ás 10:00

SD Coristanco – SD Castriz, ás 10:00

Sporting Zas  Club Deportivo Razo, ás 10:00

CF Cances  ACD San Ramón, ás 10:30

ACD San Román  SCD Buño, ás 12:00

.

 -Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto arquivo : San Ramón