DIVISIÓN HONRA VETERANOS
7ª Xornada
Domingo 09/11/2025
SD Oza 2-1 Soneira Veteranos
SCD Buño 2-1 ADCV Ponteceso
ACD San Ramón 3-0 ACD San Román
Sporting Zas 4-2 CF Cances
Club Deportivo Razo 3-0 SD Coristanco
Veteranos Dumbría 0-2 Atlético Carballo SD
SD Castriz 1-2 SD San Lorenzo
Comentario xeral
A sétima xornada da División de Honra de Veteranos da Costa deixou claro que o A.C.D. San Ramón Veteranos non ten intención de afrouxar. Os líderes impuxéronse con autoridade ao San Román (3-0) e seguen na cabeza con man firme e xogo sólido.
O Sporting Zas, que chegaba 3º deu un paso adiante vencendo por 4-2 ao CF Cances, que viña como 2º, nun choque aberto e cheo de goles que lle permite tomar folgos despois dun comezo irregular.
Tamén sorriron esta fin de semana o Atlético Carballo, que sumou tres puntos de ouro na súa visita ao Veteranos Dumbría rival direto por todo, (0-2), e o CD Razo, que non deu opción ao Coristanco (3-0), mantendo o pulso na parte alta.
O San Lorenzo levou un valioso triunfo fóra da casa ante o Castriz (1-2), rival nestes intres por evitar meterse na zona complicada e xa mira cara á metade superior da táboa.
Na parte baixa houbo reaccións importantes: o Buño fixo valer o factor campo e superou ao Ponteceso (2-1), para abrir cancha coa zona “vermella”, mentres que o Oza asinou unha das sorpresas da xornada derrotando ao Soneira Veteranos (2-1), resultado que lle dá aire e moral para seguir loitando para escapar da zona “quente”.
Con estes marcadores, o San Ramón Veteranos continúa líder con 17 puntos, seguido de preto por Cances (12), Atlético Carballo, San Román e Razo (todos con 11). Na zona quente, Ponteceso (3), Coristanco (4) e Castriz (5) seguen sen atopar o rumbo, pero queda moito campionato por diante e os que van por enrjba ainda están a tiro.
CLASIFICACIÓN
PREVIA
8ª Xornada
Domingo 16/11/2025
Atlético Carballo SD – SCD Buño, ás 10:00
Soneira Veteranos – Club Deportivo Razo, ás 10:00
ADCV Ponteceso – SD Oza, ás 10:00
SD San Lorenzo – ACD San Ramón, ás 10:00
CF Cances – SD Castriz, ás 10:00
SD Coristanco – Sporting Zas, ás 10:00
ACD San Román – Veteranos Dumbría, ás 12:00
(Os horarios son oficiosos, non oficiais)
-Foto de arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata”





