DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
15ª Xornada
Domingo 18/01/2026
ACD San Ramón 8-0 SCD Buño
Soneira Veteranos 0-3 Sporting Zas
SD Coristanco 1-1 ADCV Ponteceso
Club Deportivo Razo 0-3 Veteranos Dumbría
SD Castriz 1-1 SD Oza
CF Cances – Atlético Carballo SD, Suspendido
SD San Lorenzo 2-1 ACD San Román
CRÓNICA
A 15ª xornada deixou movementos significativos tanto na zona alta como na parte baixa da clasificación, nun campionato que entra xa na súa fase decisiva, coa pelexa polo título, os ascensos directos, os postos de promoción e a loita por evitar os descensos máis viva ca nunca.
Os gran protagonista da xornada foron o ACD San Ramón, que non deu opción ningunha ao SCD Buño cun contundente 8-0 e o Sporting Zas, que se impuxo por 0-3 no campo do Soneira Veteranos. Ca derrota do San Román ante o San Lorenzo, (2-1), ambos quedan sós arriba con 33 puntos, e rompen o trile empate a puntos que había.
Empate sen goles claros na loita pola zona baixa entre SD Coristanco e ADCV Ponteceso (1-1), un reparto de puntos que deixa a ambos nunha situación delicada. Especialmente comprometido segue o Coristanco, pechacancelas, mentres que Ponteceso continúa loitando por saír dos postos de descenso.
O Veteranos Dumbría sumou tres puntos importantes no campo do CD Razo (0-3), superándoo na clasificación e asentándose na zona media. Pola contra, o Razo perde unha boa ocasión de mirar cara arriba e queda nunha terra de ninguén.
Táboas tamén no duelo entre SD Castriz e SD Oza (1-1), un resultado que non satisfai a ningún dos dous, xa que ambos seguen metidos de cheo na pelexa por evitar o descenso, con marxes moi axustadas.
O encontro entre CF Cances e Atlético Carballo SD quedou suspendido, o non querer xogar os do Atlético contra eles.
.
CLASIFICACIÓN
1º ACD San Ramón : 33 Puntos
2º Sporting Zas : 33
3º ACD San Román : 30
4º CF Cances : 28
5º Atlético Carballo : 27
6º CD Razo : 20
7º Soneira Veteranos : 19
8º Veteranos Dumbría : 18
9º SD Oza : 17
10º SD San Lorenzo : 16
11º SD Castriz : 16
12º Veteranos Ponteceso : 10
13º SD Coristanco : 8
14º SCD Buño : 8
.
DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
16ª Xornada
Domingo 25/01/2026
SD Oza – ACD San Ramón, ás 09:45
SCD Buño – Veteranos Dumbría, ás 10:00
Soneira Veteranos – SD Castriz, ás 10:00
ADCV Ponteceso – Sporting Zas, ás 10:00
Atlético Carballo SD – SD Coristanco, ás 10:00
ACD San Román – CF Cances, ás 10:00
SD San Lorenzo – Club Deportivo Razo, ás 10:00
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
