DISPUTÁRONSE 2 ENCONTROS DE XUVENÍS APRAZADOS, (18ª e 20ª Xda), E UN ADIANTADO A XORNADA 22ª :

Cabana SD e Sporting Seaia CF xogaron un fermoso encontro nas “Redondas”.

 

Na tarde do martes xogáronse dous encontros que foran aprazados no seu día na Primeira Xuvenil G1 “A Costa”, o SD Sofán-SCDR Esteirana da 18ª xornada e no que os sofanistas gañaban por 4-1 e o FC Camariñas-outes CF da 20ª xornada no que os da Serra se levaban os 3 puntos do “Hermanas Patiño” o vencer por 1-5, e no día de onte o Cabana SD recibía nas “Redondas” ao Sporting Seaia CF e nun fermoso encontro de rivalidade veciñal, os cabaneses gañaban por 4-2.Este encontro foiadiantado a 22ª xornada para poder disfrutar da “Mikaela” de Buño. Unha festa do entroido que afecta a toda a liga pois os encontros desta xornada xogaranse todos na mañán deste sábado.

 

18ª Xornada

SD Sofán 4-1 SCDR Esteirana

Encontro dominado totalmente polo equipo sofanista que se adiantaba por medio de Nacho aos 20 minutos de xogo e ampliaba a ventaxe antes do descanso por medio de Crístian. Non reaccionou o equipo esteirán na segunda metade e Kevin sentenzaba practicamente o encontro pasada a hora de xogo, (65´) e 10 minutos despois o seu compañeiro Manul deixaba o choque finiquitado co 4-0. O gol da honra dos sureños chegaba por medio de Carlos no treito final.

Goles : 1-0, Nacho, (20´); 2-0, Crístian, (40´); 3-0, Kevi, (65´); 4-0, Manuel, (74´); 4-1, Carlos, (81´).

Árbitro : Óscar Santos.

 

20ª Xornada

FC Camariñas 1-5 Outes CF

Adiantouse o equipo da Serra aos 15 minutos por medio de Ryam, e antes da media hora facía o 0-2 tras un penalti que tras formaba David Perol. O penalti deixou o ambente caldeado e 2 minutos despois ambos equipos quedarían cun home menos tralas expulsións por vermello direto de Mario por parte dos locais e José Ángel dos visitantes. Antes do descanso Jairo poñía o 1-2 para os camariñáns. Resultado co que se ían ambas escadras os vestiarios. A volta de vestiarios Alejandro poñía terra de por medio para os sureños que sentenzaban pasada a hora de xogo por medio de Martín. Co encontro xa finiquitado Óscar Siso facía o definitivo 1-5.

Goles : 0-1, Ryam, (20´); 0-2, David, (28´de penalti); 1-2, Jairo, (41´); 1-3, Alejandro, (47´); 1-4, Martín, (69´); 1-5, Óscar Siso, (80´).

Árbitro : David Cancela. Expulsou a Mario, (FC Camariñas) e José Ángel, (Outes CF) con vermello direto, (31´).

 

22ª Xornada

Cabana SD 4-2 Sporting Seaia CF

Fernando Mato adestrador do Cabana SD danos a visión deste encontro : “Partido adiantado pola “Mikaela” e no que fixemos unha primeira parte soberbia, marcando 4 goles e perdonando outros 4 ou 5. O primeiro saque de portería de Roberto que deixa só a Castro diante do porteiro e define ben, e o segundo sería de Miguel de penalti, cometido sobre él mesmo. O terceiro chegaría por medio de Raúl, despois dun rexeite, e o cuarto noutra asistencia do meta Roberto, para que Castro volva a definir. Na segunda parte saimos algo relaxados e chegando, pero sen definir, tendo ocasións bastantes, pero nun par de erros nosos en 4 minutos o Seaia métenos 2 goles o que fai que se metan no partido, incluso puideron facer o terceiro, pero estivo soberbio Manuel desviando o balón a saque de curruncho”.

Goles : 1-0, Castro, (18´); 2-0, Miguel, (33´de penalti); 3-0, Raúl, (38´); 4-0, Castro, (42´); 4-1, Crístian, (71´); 4-2, Manuel, (75´).

Árbitro : Lucas Vicente.

 

AXENDA 22ª XORNADA

Debido a gran festa da “Mikaela”, a máis importante do entroido da costa que atrae a milleiros de persoas para asistir a misa procesión e posterior queima o encontro antre Cabana SD e Sporting Seaia CF foi adiantado e o resto de encontros pasan a xogarse todos na mañán deste sábado 29 de Febreiro.

 

Cabana SD 4-2 Sporting Seaia CF

UC Cee-SD Ponteceso : ás 12:00 horas

FC Camariñas-SD Coristanco : ás 12:00 horas

SD Sofán-SD Soneira : ás 12:00 horas

Corme CF-Sporting Zas : ás 10:30 horas

SCDR Esteirana-Xallas FC : ás 12:00 horas

Descansan : Outes CF e ED Os Miúdos

 

-Foto : Cabana SD

-Texto : Piratasdemuxia.es

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es