DIEGUITO DO CD BAIÑAS, SARAY DUARTE DO UC CEE FEMININO E FRAN DOS XUVENÍS DOS MIÚDOS LESIONADOS DE GRAVIDADE NO FÚTBOL COSTEIRO.

Dieguito animado trala operación do tabique nasal.

 

Dieguito, Saray e Fran sufriron lesións graves.

No día de onte foron dous os lesionados de gravidade no fútbol da costa, (que teñamos constancia), por unha banda a xogadora do UC Cee feminino Sara Duarte que sufría a rotura do radio, no histórico derboi da costa de fútbol feminino federado, ante o ED As Miúdas, e do que xa vos falamos na crónica do mesmo, (PREME AQUÍ).

Por outra banda o xogador do CD Baiñas, Diego Pérez “Dieguito”, que sufría nun choque fortuito a rotura do tabique nasal, polo que tiña que ser trasladado a un centro hospitalario, no que foi operado na noite de onte Domingo, operación da que saeu con éxito tal e como nos informan dende o clube baiñés, que fixo púbrica unha emotiva mensaxe de ánimos para o xogador, na que halagan a sua labor deportiva e o seu carisma persoal, rematando cunha mensaxe de bos augurios : “Querémoste, Diego…e queremos verte pronto de volta…vestido dese verde que fas resplandecer cada domingo. Conta con nós nestes momentos difíciles que sabemos atravesas…virán tempos mellores, estamos seguros porque o mereces. Aquí, na que xa é a túa outra casa, agardamos ao que o vento sopre a favor e te traia de novo ao Municipal”.

 

 

O da lesión máis grave foi o rapáz dos xuvenís do ED Os Miúdos, Fran, que sufría a rotura de tíbia e peroné, no encontro disputado o sábado no San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee), antre o seu equipo e o UC Cee. As rapazas do equipo muradán feminino, (foto), tiveron unha mensaxe de ánimo para o rapáz, no encontro delas co UC Cee feminino, no mesmo escenario da lesión do compañeiro.

A todos eles reiterámoslles o noso desexo dunha pronta recuperación e da maneira máis satisfactoria e que pronto estemos xa falando de novo deles nestas nosas novas, acompañando aos seus compañeiros/as nos terreos de xogo.

 

-Fotos : CD Baiñas e ED Os Miúdos

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.