DIEGO VILLARES RENOVA CO RC DEPORTIVO ATA 2025.

Villares con Couceiro no acto da firma da renovación.

 

Xa o repiteu moitas veces en rolda de prensa, cando erre que erre non facían máis ca preguntarlle pola sua renovación : “Eles queren e eu tamén, é cuestión de tempo. Estamos condeados a entendernos”, e así foi.

Diego Villares Yáñez, (Vilalba, 17/06/1996), chegou no mercado de inverno ta tempada pasada dende o Fabril, traendo un ar fresco o equipo e ao clube, no futbolístico, no de ser na canteira, e na sua fala, a nosa, a que identifica a maioría dos que imos a Riazor. Todo un pracer escoitalo nas roldas de prensa falando en galego, cos seus toques de orixe vilalbesa, e no terreo de xogo…incansable.

A principios de ano ampliaba o seu contrato co Depor por unha tempada máis, e agora o clube ven de anunciarnos que firma ata 2025.

Como él decía unha vez : “onde mellor vou a estar, se estou a gusto, i é o equipo da miña vida”.

Toda unha excelente nova esta renovación, e esperamos e desexamos que non sexa a derradeira, deste tipo de xogadores, que xunto coa afección levaremos o noso clube a onde se merece, por títulos, por afección e por historia.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies