DIEGO ROLÁN O NEGOCIO QUE SE ESTANCA.

Roldan deberá adaptar o seu soldo a categoría.

Como xa vos informamos no peche de mercado, Diego Rolán entrou na plantilla do Depor o non chegar a un acordo co Nymes frances para o seu traspaso, ou co Girondíns para a sua cesión. Os tempos andan fastidiados para a maioría dos clube coa pandemia, con ingresos moito máis baixos. Richard Barral na sua comparecenza ante os medios dicía onte dixo que se trataría con él a baixada do seu soldo, como se fixo con practicamente toda a plantilla, e que non había desaxustes económicos a pesares de quedarse Rolán, unha cuestión que fai pensar o importante que foi a entrada no accionariado de ABANCA, queirámolo ou non o queiramos. Agora mesmo ca caida a 2ª B, estaríamos moi o límite de todo. Barral comentaba o aspecto económico e da plantilla neste eido : “Non hai ningún desaxuste económico, non se fixeron tolemias. Seguíronse unhas pautas e conseguimos xogadores que era impensable que xogasen en Segunda B. É un proxecto que se acaba ben e lévanos a Segunda, deixa un persoal con moito feito para o ano que vén. Aí haberá tope salarial e cumpriría os requisitos”.

Diego Rolán un negocio que se estanca

Se o caso de Sylvain Wiltord foi curioso a finais dos 90, foi fichado por Lendoiro do Girondíns de Bordeaux, e non chegou a xogar nunca co Depor, pois foi presentado e vendido o Arsenal inglés. Parece ser que costara en torn ao 1,250 millóns de euros e vendido por 5. O uruguaio Diego Rolán, tamén fichado do Girondíns, non chegou a xogar de maneira oficial co equipo branquiazul, e se as cifras que se moveron e se moven son certas, representou un bo negocio para as arcas deportivistas.

Foi fichado por 5,5 millóns de euros, para xa antes de ser anunciado ser cedido o Málaga por 1,5 millóns de euros. O clube deportivista descendeu e foi cedido o Leganés por 1 millón de euros, e na mesma tempada pasou no mercado de inverno o Alavés que pagou 300.000 euros.

O verán pasado foi cedido o FC Bravos de Juarez mexicano, por medio millón de euros e a cesión de Beto da Silva. O clube mexicano tiña unha opción de compra por 4 millóns de euros, que tras tratar de que lla rebaixasen non a cumpleu e agora segundo o xornal francés L´Equipe, o Nimes Olympique xa recibeu o sido xogador uruguaio a asinar polo clube, o que deixaría unha boa inxección no clube deportivista.

O uruguaio que fora fichado por Richard Barral no 2017, con Tino Fernández como presidente, ten un soldo en torno aos 3 millóns de euros, os descensos fixeron imposible asumir a sua ficha, non chegou a xogar mingún encontro co Depor, e tras varias idas e vidas, agora parece que isto vai a ser unha realidade, ainda que tamén pode haber unha rescisión de contrato, pois ainda nen adestrou a espera de que se dilucidara seu destiño. Agora deberá presentarse en Abegondo e logo o seu futuro xa se verá, pode trocar pronto para cubrir algunha baixa grave por lesión en algún equipo, ou senón esperar a Xaneiro o mercado invernal de fichaxes.

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo