DIEGO ROLÁN : “O NEGOCIO DO RC DEPORTIVO”.

 

Se o caso de Sylvain Wiltord foi curioso a finais dos 90, foi fichado por Lendoiro do Girondíns de Bordeaux, e non chegou a xogar nunca co Depor, pois foi presentado e vendido o Arsenal inglés. Parece ser que costara en torn ao 1,250 millóns de euros e vendido por 5. O uruguaio Diego Rolán, tamén fichado do Girondíns, non chegou a xogar de maneira oficial co equipo branquiazul, e se as cifras que se moveron e se moven son certas, representou un bo negocio para as arcas deportivistas.

Foi fichado por 5,5 millóns de euros, para xa antes de ser anunciado ser cedido o Málaga por 1,5 millóns de euros. O clube deportivista descendeu e foi cedido o Leganés por 1 millón de euros, e na mesma tempada pasou no mercado de inverno o Alavés que pagou 300.000 euros.

O verán pasado foi cedido o FC Bravos de Juarez mexicano, por medio millón de euros e a cesión de Beto da Silva. O clube mexicano tiña unha opción de compra por 4 millóns de euros, que tras tratar de que lla rebaixasen non a cumpleu e agora segundo o xornal francés L´Equipe, o Nimes Olympique xa recibeu o sido xogador uruguaio a asinar polo clube, o que deixaría unha boa inxección no clube deportivista.

Richard Barral fichouno no 2017, os descensos fixeron imposible asumir a sua ficha, (en torno os 2 millóns de euros),  non chegou a xogar mingún encontro co Depor e tras varias idas e vidas, parece que a desvinculación co RC Deportivo é cuestión de horas.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo